PARA TODA A FAMILIA
Allariz dá comezo ao seu Entroido o 5 de febreiro
SAMAÍN EN ALLARIZ
Os alaricanos prepáranse xa para unha nova edición de “Allariz de Medo”, que este ano se celebrará do 31 de outubro ao 2 de novembro. María López, concelleira de Promoción Económica, e Eva Sampedro, técnica de Promoción Económica, presentaron onte pola mañá o programa de actividades, que combina teatro nas rúas, actividades familiares, música e animación audiovisual para ambientar a localidade.
Durante estes tres días, ánimas, esqueletos e druídas percorrerán as rúas alaricanas, facendo diferentes escenas ao longo do seu percorrido, que inclúe varias rúas e localizacións: rúa do Portelo, Praza de Santo Estevo, rúa da Cruz, rúa do Pozo, Praza Maior, Atrio de Santiago, Praza de Abaixo e Praza do Matadoiro.
O Museo Galego do Xoguete converterase nun escenario vivo o venres 31 de outubro e o sábado 1 de novembro, durante a actividade “Algo pasou no Museo do Xoguete”. Este xogo de pistas para maiores e pequenos levará aos participantes a descubrir que aconteceu no museo, será de balde e dende as 19,00 ata as 21,00 horas ámbolos días.
O venres e o sábado pola tarde a Santa Compaña presentarase na vila ás 20,30 horas, representadas por Silvadeiras Teatro, e percorrerán Allariz dende a Praza Maior cunha representación inspirada na súa lenda. A música tamén será protagonista, e a sesión nocturna da Discomóbil Apocalipsis porá un ambiente especial para celebrar a “Noite dos Defuntos”.
A Fundación Vicente Risco acollerá o sábado 1 de novembro a proxección do documental “A Luz das Ánimas”, un documental sobre o fenómeno dos Petos de Ánimas. A sesión incluirá un espazo de coloquio para compartir impresións.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARA TODA A FAMILIA
Allariz dá comezo ao seu Entroido o 5 de febreiro
PRIMERA INFANCIA
Allariz organiza una actividad sensorial y creativa para niños
COMERCIO LOCAL
O Peto dos Desexos de Allariz repartiu mil euros
DINAMIZACIÓN ECONÓMICA
Allariz valora como exitosa la campaña turística navideña
Lo último