Gastronomía e cultura
Allariz programa máis de trinta citas para este verán
SEGUNDA XORNADA
Allariz prosegue o programa para impulsar a súa Rede de Compostaxe, que este sábado celebrara a súa segunda xornada de reparto de material en distintos locais sociais do Concello.
A aposta da administración local pola compostaxe doméstica e comunitaria forma parte do seu compromiso cun modelo de xestión sostible dos residuos, polo que o pasado sábado celebraron as primeiras xornadas abertas á veciñanza no Mercado da Reserva, onde se explicou o funcionamento da rede, os seus beneficios ambientais e o proceso de participación no programa municipal.
Os interesados recibiron material informativo e parte do equipamento necesario para a compostaxe, que amosa un crecente interese por parte da veciñanza, xa que se repartiron un total de 50 caldeiros e de 10 composteiros. O Concello conta con 100 composteiros novos e 400 caldeiros para repartir entre os interesados, para facilitar a separación dos restos orgánicos e aproveitar, de xeito responsable, os biorresiduos.
O Concello entregaralle ós grandes produtores que se queiran sumar á iniciativa colectores con chaves para que deixen fóra do local, así como colectores de pedal para o uso interior dos establecementos.
Este sábado 18 de outubro as xornadas informativas achegaranse ós locais sociais de San Vitoiro, Coira e Torneiros, comezando ás 10,00, 11,30 e 13,00 horas respectivamente. O vindeiro sábado, 25 de outubro, será a derradeira no Campo da Barreira dende as 11,00 ata as 13,00 horas. O persoal técnico ofrecerá asesoramento e resolverá dúbidas sobre o proceso de compostaxe, a correcta separación dos residuos e o uso dos composteiros. Ademais, os martes 21 e 28 de outubro as persoais interesadas poderán recoller o seu caldeiro ou composteiro na Praza Maior dende as 11,00 ata as 13,00 horas.
As actuacións están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a través do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Gastronomía e cultura
Allariz programa máis de trinta citas para este verán
Itinerario internacional
A Unión Musical de Allariz xira por Italia
OFICIOS TRADICIONAIS
A Alameda de Allariz, ateigada de tecedoras
Lo último
La Región
27 de junio
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar