COMPROMISO COA CULTURA
Allariz despide un fin de semana de irmandade entre Galicia e Portugal
RESPECTO POLO MEDIO AMBIENTE
As consecuencias das abundantes precipitacións producidas polo encadeamento de borrascas do pasado afectan ao territorio de diferentes maneiras. Máis aló dos danos nas infraestruturas, tamén traen con elas pequenos -e non tan pequenos- “tesouros” que estragan os ríos.
A Sociedade de Pesca de Allariz organizou onte pola mañá unha xornada de recollida de lixo ás beiras do Arnoia, un dos ríos que máis creceu durante o pasado mes. Jesús Fernández, secretario da asociación, explicou que intentaron recoller “o máximo lixo posible do que trouxeron as crecidas, que foi moito”. “Moito plástico, bolsas, material de obra, botellas, latas... E paniños húmidos, que deberían ir ao contedor e non ao baño”, enumerou, sentenciando: “hai moito incivismo”.
No grupo de voluntarios, que nun primeiro momento era dunha decena de persoas, atopábanse veciños comprometidos co medioambiente, non só pescadores: “Isto vai máis alá da pesca, o río é de todos e desfrutámolo todos, non pode estar así”, insistiu un dos veciños.
Nin profesión, nin afición, nin idade compartían os asistentes: Dende Vicente Vispo, expresidente do coto de Allariz, que aos seus 82 anos aínda sigue preocupándose do que supuxo “gran parte da miña vida”, ata Jasmine, veciña chegada de Suecia á vila alaricana por amor e que fala un respectable galego: “eu non pesco, pero gústanme estas actividades e coidar a natureza”.
Ademais, varios cativos tamén participaron na xornada. No seu cariz víase a emoción que supuña atopar algo que non debía estar aí, mesturada con certo orgullo polo traballo ben feito. Dende unha aleta, cadeiras, luvas e xoguetes de mascotas compuñan o amplo abanico de lixo -máis de 400 kilos- que se recolleu onte.
“Non é limpo o que limpa, é limpo o que non lixa”, di o digo galego, que nesta ocasión serve para reforzar a idea que protagonizou a mañá: Concienciar sobre o respecto e o coidado da natureza.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
COMPROMISO COA CULTURA
Allariz despide un fin de semana de irmandade entre Galicia e Portugal
DÍA DAS ARTES GALEGAS
Allariz estrea o ano José Suárez vestindo as rúas coa súa obra
Lo último
"HACERLE LA VIDA IMPOSIBLE"
El hijo de Bárcenas declara que su padre le habló de una "grabación a Rajoy" sobre "la contabilidad B" del PP
LOS PINOS EN MONTEALEGRE
Así quedan los árboles tras el ataque letal del barrenillo de los pinos, en fotos
PEDÍAN 9 AÑOS DE CÁRCEL
El expresidente de la Generalitat Jordi Pujol, eximido por su deterioro cognitivo
PELIGROSA PERSECUCIÓN
Detenido un conductor drogado tras huir de un control y acabar chocando en Oleiros