MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
CINE E HUMOR
El final de agosto trae un sorriso ás rúas de pedra de Allariz coa chegada do cinema. A vila convértese dende este domingo 30 no centro do humor co inicio da novena edición do Festival RiR. O certame encherá a localidade de risos ata o sábado 5 de setembro cunha programación chea de curtametraxes e encontros.
A xornada inaugural centrará a atención na Casa da Cultura ás oito do serán. O recinto acollerá a presentación do certame e a proxección das pezas gañadoras do ano pasado, unindo títulos como La boda, Trece gatos, Le dérapage, Selftape, Cortes tontos, La reina del pop e La mort.
O director Óscar Doviso sinala o valor desta estrea: “Este domingo comezamos co palmarés e iso sempre son risas garantizadas, moita xente anímase a vir porque lle recomendaron algunha curta ou porque quere volver a velas”.
A dinámica do concurso incorpora unha idea para garantir a participación da veciñanza. Os bloques da competición proxectaranse dúas veces en distintas xornadas ao longo da semana para que o público goce das gravacións. O obxectivo desta medida é que ninguén quede sen ver as obras a concurso e poida votar. Xunto coas proxeccións, a axenda inclúe música e a entrega do premio RiR Contigo ao actor David Amor durante a gran gala de clausura o vindeiro sábado.
Tras a xornada de apertura, o luns, a Casa da Cultura acollerá ás 17,30 horas o primeiro pase do Bloque 1 de curtametraxes a concurso. Máis tarde, ás oito do serán, será a quenda do primeiro pase do Bloque Docu-Mocku, unha escolma de pezas dedicadas ao falso documental.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Confianza quebrada
FOMENTAR ALIMENTACIÓN SALUDABLE
El Gobierno prevé limitar las máquinas "vending": la comida de los hospitales eliminará ultraprocesados
Jacinto Seara
Dogmas modernos sustituyen a los milenarios