PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
PROTECCIÓN DE DATOS
Cando hoxe se fala de filtración de datos -ou de vulnerar a protección de datos- o normal é referirse a casos que teñen que ver co entorno dixital. Esta é unha cuestión complicada, especialmente cando atende aos datos de menores e os seus responsables, pais e nais.
Neste caso, totalmente afastado do dixital, o IES de Allariz está sendo obxecto de reclamacións por parte das familias dos alumnos do centro debido a que se atoparon “máis de cen autorizacións” para unha actividade nun colector ao alcance público, pertencentes ao instituto. Nestes papeis aparecen reflectidos os seus nomes, segundo informan dende a Consellería de Educación, á que o representante das familias no Consello Escolar lle fixo chegar a documentación así como unha declaración do acontecido na derradeira reunión do Consello Escolar, celebrada o 13 de outubro deste ano, na que se comunicou esta situación.
Na devandita reunión, preguntóuselle ao equipo directivo do centro educativo polo protocolo de xestión deste tipo de documentación, na que aparecen datos sensibles, ao que segundo consta na comunicación enviada, “dinnos que eles destrúen toda esa documentación”. Que se atopen estes papeis “reflexa que non é certo e seguramente nin teñan un protocolo axeitado para facelo”, explica o representante.
Cando se revela que os pais se atopan en posesión desta documentación, “o xefe de estudos tivo a ben dicir que era eu quen estaba cometendo un delito e eles só cometeron un erro”, explicou o representante, quen abandonou a reunión “para non seguir discutindo” logo dunha acalorada confrontación na que o devandito responsable do centro “deu un forte golpe na mesa, un comportamento pouco apropiado para o cargo que representa”, indican no comunicado.
Os feitos denunciáronse tamén ante a Axencia Española de Protección de Datos -a competente nesta materia-, concretamente o 20 de outubro, data dende a que están a analizar esta situación, ao igual que a Consellería de Educación, para esclarecer o acontecido e atopar unha resolución axeitada.
“O que puido ser un descoido non é máis que a norma neste instituto”, comentou a nai doutro alumno do centro, que ao igual que outros moitos están preocupados pola situación educativa dos seus fillos. “Xa non é só que se vulnerasen os nosos datos, é a falta de responsabilidade en xeral”, apuntou o representante das familias no Consello Escolar.
Dende o equipo directivo do IES de Allariz tomaron a decisión de non ofrecer ningún tipo de declaración a este medio respecto a esta situación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
MÁS DE UN MILLÓN
La Xunta se implica con el patrimonio de Allariz
LISTA COMPLETA POR DÍAS
Programa de Navidad 2025/26 en Allariz: actividades, conciertos y desfiles en diciembre y enero
Lo último
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, domingo 21 de diciembre?