MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
Orgullo Galego
O Concello de Allariz vén de anunciar a súa programación para a celebración do día de Rosalía, un evento que se prolongará do 20 ao 25 de febreiro co obxectivo de “render homenaxe á figura e á obra de Rosalía de Castro”. O municipio alaricano é mecenas da Fundación Rosalía de Castro dende hai tres anos e aposta por unha programación variada que vai dende exposicións, obradoiros, degustacións e actividades educativas e sociais. O evento estivo presentado pola alcaldesa, Cristina Cid, que estivo acompañada polos concelleiros de Cultura, Alberto Conde; de Promoción Económica, María López, e de Educación, Maribel Poisa.
A tradición gastronómica faise forte na vila de Allariz grazas a colaboración da hostelería local, que volverán a ofrecer o tradicional Caldo de Gloria, inspirado no poema “Miña casiña, meu lar”. Así, os actos centrais do programa terán lugar o 21 de febreiro na Alameda. Nun evento aberto ao público, leeranse poemas de Rosalía e presentarase “O Xardín de Rosalía”, unha exposición composta por varios poemas enviados por diferentes axentes sociais de Allariz que se animaron a participar nesta conmemoración. Os textos colocaranse nos xardíns da Alameda para que os veciños e os visitantes se poidan achegar á obra da destacada escritora galega.
O acto, que comezará ás 18,00 horas, completarase cun poema musicalizado e interpretado por un quintento da Banda de Música Unión Musical de Allariz. Ademais, o 23 e o 25 de febreiro, coincidindo coa semana da conmemoración, faranse actividades dirixidas ao público escolar, que estarán acompañadas dun obradoiro na Casa da Cultura, “Poemas e flores para Rosalía”
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores
Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
DESFILE DE SAMAÍN
Galería | Ribadavia mete miedo con su Noite Meiga