MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
ACTIVIDADES PARA A COMUNIDADE
Os centros de atención a persoas maiores da provincia de Ourense do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pertencentes á rede de atención ás persoas maiores da Xunta de Galicia, continúan este inverno cun amplo programa de actividades dirixidos a comunidade.
Os centros de Vilardevós e Allariz impartirán uns obradoiros de estimulación cognitiva abertos á contorna. No caso de Vilardevós os talleres comezaron en xaneiro, mentres que Allariz comezará o día 20 febreiro.
Do mesmo xeito, o CD Xinzo iniciou a actividade “Escola de adultos”, ampliando a oferta formativa e de aprendizaxe ao longo da vida; por outra banda, o CD A Rúa deu comezo o obradoiro “Eu cóidome, e ti?”, que traballa a autoestima e o autocoidado; ademais, o CD Maceda desenvolve o taller “Poñámoslle sentidiño”, orientado a reforzar a autonomía dos maiores.
Maceda, Allariz, Xinzo de Limia, A Rúa e Vilardevós participarán nos desfiles de Entroido, e celebrarán a festa do Entroido con usuarios, familias e traballadores. Os maiores de Maceda tamén participan no concurso de mecos do Entroido local.
Vilar de Barrio iniciará no mes de febreiro unha nova edición da súa actividade interxeneracional Decor-Arte e levarán a cabo unha charla o día 23 de febreiro sobre prevención de caídas, axudas técnicas e exercicios específicos.
A Rúa celebrará o seu XIV aniversario cun obradoiro de doces tradicionais de Entroido, combinando celebración, tradición e convivencia. “Os centros de maiores consolídanse así como espazos vivos e abertos, axentes activos da súa contorna”, afirman no seu comunicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores