MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
MISSLYA
A veciña de Allariz e natural de Xunqueira de Ambía, Aldara Conde, demostrou que os desafíos vitais poden transformarse nunha oportunidade para a innovación.
Esta emprendedora, cunha traxectoria profesional polifacética que inclúe dende o traballo como monitora de tempo libre ata anos de servizo na Fundación Ramón González Ferreiro, decidiu dar un xiro á súa vida logo dunha situación persoal e familiar delicada en 2019 que lle supuxo unha forte carga de estrés.
Tras superar ese período crítico, Aldara notou que o seu corpo estaba esgotado: “Cando me vin obrigada a coller a baixa, dinme conta de que perdera moito peso e caíame o pelo”. Foi entón cando comezou a investigar e descubriu as bondades dos produtos de seda, unha alternativa que non só proporcionaba unha mellora estética, senón tamén enormes beneficios para a saúde. “Esta fibra natural é hipoalerxénica, transpirable, antibacteriana e respectuosa coa pel, o que axuda a reducir a rotura do cabelo e as irritacións”, explica Conde.
Con este novo coñecemento nacería MissLya, unha marca especializada na venda de fundas de almofada e coleiteiros cuxa materia prima provén directamente da rexión chinesa de Jiangsu, “unha zona historicamente ligada ao proceso da seda” onde se extrae o fío, se realiza a tintura e se desenvolve a confección. Aínda que a produción ten acento internacional, o corazón e a xestión do proxecto latexan firmemente en Allariz.
A emprendedora escolleu esta vila ourensá grazas á forte rede de colaboración que ofrece o rural, subliñando que “aquí teño un apoio moral e un apoio de outros emprendementos que non podo ter fóra de aquí”. Fiel defensora da economía circular e do comercio de proximidade, Aldara compaxina a venda en liña coa dinamización da contorna, argumentando que, aínda que o seu negocio naceu na rede, “tamén me encanta o presencial”. Nese sentido, a súa estratexia busca tecer sinerxías coas tendas físicas para “apoiar o meu entorno co que eu fago”, achegando os seus produtos aos establecementos da zona, creando eventos efémeros, co obxectivo de acadar “que nos barrios cambien as cousas” a través da innovación e o apoio mutuo.
Esta aposta pola proximidade levouna a establecer puntos de venda físicos na súa vila de adopción, mentres que os seus envíos en liña seguen a expandirse sen fronteiras, chegando a cidades como A Coruña, Vigo, San Sebastián e Oviedo.
A pesar dos éxitos alcanzados en tan só doce meses de vida do proxecto, Aldara ten novos plans no horizonte: “Necesito facturar dúas veces máis para dar a rendibilidade que me marquei”, un desafío que agarda acadar engadindo novas liñas de produtos, coa creación de deseños propios e aumentando os puntos de venta presenciais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Confianza quebrada
FOMENTAR ALIMENTACIÓN SALUDABLE
El Gobierno prevé limitar las máquinas "vending": la comida de los hospitales eliminará ultraprocesados
Jacinto Seara
Dogmas modernos sustituyen a los milenarios