PARA TODA A FAMILIA
Allariz dá comezo ao seu Entroido o 5 de febreiro
14 años desde su fallecimiento
Virxilio Eduardo Fernández Cañedo, mellor coñecido como Virxilio, celebraría hoxe o seu centenario. A Fundación Vicente Risco non quixo esquecer a un dos seus padroeiros fundadores, membro do grupo dos “sete artistiñas” e, segundo comenta Elvira Carregado, presidenta da FVR, “foi moi amigo dos Risco, tanto de Antón e de Cruz como do propio Vicente”. Os “sete artistiñas” estiveron compostos por Quesada, De Dios, Baltar, Buciños, Pousa, Ascisclo e o propio Virxilio, malia que xa só queda entre nós Ascisclo.
A Fundación Vicente Risco conserva coma un dos seus maiores tesouros preto dun cento de obras e ten intención de amosalas publicamente en breve nunha exposición que están preparando. Elvira, que asumiu a presidencia da FVR a principios deste mes, comentou que “unha das primeiras cousas que vin foi que temos un fondo incrible de obras de Virxilio na fundación, aínda que non sexan de gran formato ou sexan debuxos pequenos, temos caricaturas de Vicente, dos seus fillos e moitos debuxos”. Engadiu que “pareceunos fundamental que este ano, co gallo do seu centenario, fagamos unha exposición para dar a coñecer a súa obra e homenaxealo”. Respecto ó evento, dixo que “estamos a traballar nesta exposición que contamos que se poida desfrutar no mes de maio”.
Quixo rematar dicindo que a nova directiva ía “continuar co bo traballo que fixeron as anteriores directivas, e intentaremos implicar moito máis a todos os padroeiros que temos, que son xente moi valiosa” e que “intentaremos achegar todas as facetas de Risco e o seu legado ó século XXI”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARA TODA A FAMILIA
Allariz dá comezo ao seu Entroido o 5 de febreiro
PRIMERA INFANCIA
Allariz organiza una actividad sensorial y creativa para niños
COMERCIO LOCAL
O Peto dos Desexos de Allariz repartiu mil euros
DINAMIZACIÓN ECONÓMICA
Allariz valora como exitosa la campaña turística navideña
Lo último