PRODUCTO DE CALIDAD
Del monte al plato: Allariz marida prevención de incendios y tradición
Unha expresión define á perfección o domingo final da Festa do Boi: “Noites alegres, mañás tristes”. Así arrancou a última xornada en Allariz, sen présa e cun silencio calmo nas rúas que aínda amosaban os refugallos da velada anterior baixo un sol radiante. Tralos xantares á sombra dos gremios, os pasarrúas das incombustibles charangas Achicoria, Sugarri e Zés Pereiras acabaron por espertar a unha vila entregada á súa historia.
O momento máis agardado chegou coa última saída dos bois polo casco histórico. Unha marea humana asolagou os recunchos máis emblemáticos do percorrido para non perder detalle, mentres os corredores máis valentes aproveitaban as últimas pingas de enerxía para medirse cos animais en carreiras rápidas e cheas de emoción. O respecto de espectadores e participantes e o espírito de comunidade volveron ser os piares fundamentais dun espectáculo único.
O broche final comezou a escribirse coa despedida de Xan de Arzúa e o seu traslado de volta á Casa do Boi, acompañado polos homes do sedeño. Estes levaron a camisa branca do finado Paco García, figura clave na recuperación da festa, ao que renderon un emotivo tributo. Trala homenaxe, veciños e visitantes espremeron as últimas horas antes de colgar os tradicionais panos verdes. Allariz despediu orgullosa nove xornadas vibrantes e hoxe xa comeza a descontar os días ata volver entonar o “aí vén o Boi!”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCTO DE CALIDAD
Del monte al plato: Allariz marida prevención de incendios y tradición
TRADICIÓN EN IMAXES
Elena Rodicio, fotógrafa de Allariz: “Dábame medo como se ía entender fóra”
VEJACIONES Y COACCIONES
Condenado por un insulto a su ex en Ourense, pero absuelto de maltrato
NOVENA DO 2 AO 12 DE XULLO
O San Bieito sae á rúa con música e artes escénicas
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 13 de julio
MERCADOS ESPAÑOLES
La Bolsa reparte entre sus accionistas 26.399 millones
PIEZA IMPORTANTE
Sean McDonnell renueva con el COB