PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
NOVELA CURTA
A “habitación do piano” da Fundación Vicente Risco presenciou onte pola mañá a entrega do X Premio Antón Risco de novela curta a Nuno Gonçalves, médico e escritor portugués que coa sua obra “Reforestação”, foi merecedor deste recoñecemento que fará posible a publicación do libro.
O gañador achegouse a vila alaricana coa sua familia -muller e fillos- para recoller o premio, ao que lle deu especial valor pensando que non o gañaría por ser un libro escrito en portugués, malia ser unha obra da que se sinte realmente orgulloso. O autor, natural de Viana do Castelo, recibiu outros recoñecementos polos seus traballos de temática de terror e ciencia ficción.
O xurado salientou a “calidade literaria do texto aplicada a unha temática fantástica e actual que invita á reflexión, así como o enfoce, costrucción narrativa e as ben escollidas doses de humor”, identificando o humor e a lingua que usa Gonçalves como un rasgo propio do norte portugués e do sur de Galicia: “Todos coincidían en que era unha lingua moi próxima á nosa”. O xurado tamén destacou a mensaxe da novela e a evolución das persoaxes.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
INSCRIPCIÓNS ATA O DÍA 24
Allariz inicia o curso das súas escolas culturais
Lo último
"COMPLICADAS CONDICIONES"
Dimite el primer ministro de Suecia tras la victoria del bloque izquierdista en las elecciones