FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
ENCONTRO
No encontro que organizou o Fondo Galego de Cooperación en Allariz, Hanan Kaoud fixo unha introducción á evolución do conflito, dende finais do século XIX e principios do XX, chegando á situación territorial actual e a realidade que vive o pobo palestino. Logo desta intervención, que achegou ao público un contexto máis amplio, estes fixeron preguntas á ponente, que non dubidou en mostrar o seu agradecemento pola implicación da veciñanza na iniciativa.
Entre as variadas cuestións e respostas, destacou a pregunta de por que os outros países árabes veciños non apoian a causa palestina, ao que Hanan respostou que non existe un motivo claro, que ela mesma non comprende porque “moitos países Europeos se decatan do risco que supón a política colonial israelí e nos apoian, mentres que os nosos irmáns do oriente próximo non”.
Logo das intervencións públicas, Hanan agasallou a este medio cunha breve entrevista, na que explicou a importancia da participación femenina na política, “non só en Palestina, senón en todo o mundo”, incidindo en que a falta de mulleres na mesa “á hora de tomar decisións faino máis complicado”, xa que “adoitan estar máis preto das necesidades da sociedade, das comunidades, das familias... por iso é tan importante que estén na vida pública”.
Así, expresou a súa preocupación pola mingua na participación política palestina, ao non haber “espazos seguros de participación, nin para homes nin para mulleres”, apuntando á importancia das mulleres nas adminsitracións locais, o lugar máis preto das comunidades e da sociedade, e facendose a pregunta: quen participa realmente na política palestina?”. Kaoud explicou que para entender o que está pasando “temos que deconstruir o que realmente significa a participación política, especialmente nun contexto colonialista, algo que non é sinxelo de comprender”.
Hanan afondou noutra das cuestións destacadas do público, que atendeu á reducción da atención mediática dende o acordo de paz en Gaza firmado en Exipto o pasado mes de outubro. A política afirmou que os medios tradicionais queren apartar a vista, pero que grazas ás redes sociais “a sociedade segue atenta e é testemuña da realidade”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
PRODUCTO DE CALIDAD
Del monte al plato: Allariz marida prevención de incendios y tradición
TRADICIÓN EN IMAXES
Elena Rodicio, fotógrafa de Allariz: “Dábame medo como se ía entender fóra”
VEJACIONES Y COACCIONES
Condenado por un insulto a su ex en Ourense, pero absuelto de maltrato
Lo último
LA PETICION DE JUEZ PEINADO
El fin de los sellos en los pasaportes en Reino Unido irrumpe en la investigación a Begoña Gómez