RENOVACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS
Reparada a cuberta do pabillón do IES de Allariz
ACTIVIDADES CULTURAIS
O Padroado da Fundación Vicente Risco reuniuse para aprobar o Plan de Actuación para o ano 2026, así como as bases do XI premio de novela curta Antón Risco e o XXX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais e o apoio ao I Premio Aira do Libro ilustrado informativo, ademais da aceptación por parte do Padroado das cesións de arquivos pertencentes a Cruz Risco realizadas por Maribel Outeiriño e Celina Ramos.
No 2026, a Fundación continuará coas actividades dos anos anteriores, seguindo coa dixitalización da documentación da Fundación así como coas melloras da súa catalogación. Así, tamén apostarán pola mellora da web da Fundación e publicaranse as obras gañadoras dos premios literarios convocados pola Fundación, xunto a dous libros sobre a temática anual -o territorio- de carácter científico e divulgativo. Publicarán “Gamalandalfa” de Risco e un relato inédito de Antón Risco, ademais continuarán as xornadas, as exposicións e a aposta por actividades musicais e as visitas escolares.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
RENOVACIÓN DAS INFRAESTRUCTURAS
Reparada a cuberta do pabillón do IES de Allariz
ENFILA A LOS AGENTES
A 200 km/h, a oscuras y sin carnet: se fuga en un coche robado en Allariz