López-Barxas convida os novos a ler Castelao en Allariz
DÚAS NOVAS OBRAS
O escritor e xornalista Francisco López-Barxas vén de publicar dúas novas obras sobre a figura de Castelao, co gallo do 75 aniversario do seu falecemento. O prolífico autor dedicounos unha mañá para falar sobre a vida e obra da ilustre figura
Logo da presentación dos dous novos libros de Francisco López-Barxas, “Castelao entre Nós” e “Os soños de Daniel”, editados por Teófilo Edicións, no Museo da Limia o pasado mes de outubro, o autor e xornalista adicounos unha mañá en Allariz para falar da figura protagonista das obras.
Os libros son unha invitación a coñecer a vida de obra de Castelao. “Castelao entre Nós”, en palabras de López-Barxas, é unha biografía ficcionada, “na que partindo da súa vida e obra, Castelao fala de si mesmo”. Facendo un percorrido “moi xornalístico” da súa vida, o autor deixa falar a Castelao “arredor das cousas que dixo e das que dixeron del” a través dunha escolma de textos propios de Castelao e doutros autores, que se suman á recompilación de poemas dedicados a el, formando unha “coroa literaria de prosa e verso”.
López-Barxas define o libro como unha obra “moi xornalística, pero con certo grao de ficción”, reflectido no modo de expresión, mais “non nas cousas que se contan”. Esta “obra para quen non leu a Castelao” foi un reto moi importante para o autor, xa que nel pretendeu plasmar a “satisfacción enorme que foi para min reler a Castelao” e que lle chegase ao lector, ao tempo que “achegaba algo novo que non se fixera sobre a súa figura”. “O gran reto foi atopar o xeito de que Castelao apareza da maneira máis sinxela para o lector que nunca se achegou a él”.
Nas cubertas de “Castelao entre Nós” aparece a Carta Xeométrica de Galicia feita por Domingo Fontán, o primeiro mapa físico realizado con medicións matemáticas. Este mapa ten especial importancia, xa que é un dos protagonistas da outra obra, “Os soños de Daniel”, un libro para “cativos e rapazada” no que López-Barxas intenta achegar a infancia e adolescencia de Castelao, que “comeza a debuxar nese mapa as cousas que el soña para Galicia: cruceiros, pontes, escolas... ata que se decata de que os debuxos van desaparecendo e precisa de moitas mans e moitos lapis para poder plasmalos”, reflectindo que Galicia se constrúe entre todos mediante o diálogo e a cooperación.
“Eu penso que Castelao non pode ser mellor espello para a xente nova, non só en canto o pensar senón en canto ao que fixo, o que lle preocupou e o que soñou”, afirma o escritor, xa que, en definitiva, "foi un soñador que o plasmou a través da arte, da literatura, da política, da lingua e do compromiso con ese país feliz que desexaba para a xente".
“Eu sei que hai moitísimos novos que hoxe fan o que facía Castelao, non cun caderno senón cunha pantalla, pero o importante é darlle un sentido construtivo e crítico co mundo que eles viven”, reflexionou López-Barxas ao falar das “Cousas” de Castelao, un xénero literario “que lle debemos exclusivamente a el”. “Castelao é un autor especial, xa que participa da alta cultura e da cultura popular”, apuntou, póndoo como exemplo “de pór Galicia diante de todo, das ideoloxías e partidos”.
Así, o xornalista advertiu sobre as implicacións dos avances tecnolóxicos no eido da comunicación, que “ofrecen unha serie de posibilidades incribles”. Porén, advirte, “teñen o perigo de darlle credibilidade a un mundo que xira en torno as mentiras das Fake News e os Deep Fake”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LISTA COMPLETA POR DÍAS
Programa de Navidad 2025/26 en Allariz: actividades, conciertos y desfiles en diciembre y enero
DECORACIÓN ARTESANAL
Galería | Allariz brilla con luz propia esta Navidad
COMERCIO LOCAL
“O Peto dos Desexos” de Allariz reparte mil euros
Lo último
CRECIMIENTO ECONÓMICO
España necesitará 1,5 millones de inmigrantes
COMPARECENCIA ANTE LOS MEDIOS
Besteiro escribe una carta a la militancia y dará sus explicaciones dos días después