XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro
CULTURA E NATUREZA
Sete roteiros darán a coñecer o patrimonio histórico, cultural e natural alaricano ao longo dos vindeiros meses. O Concello de Allariz vén de anunciar unha nova edición dos seus “Roteiros Temáticos”, unha proposta de experiencias guiadas que comezarán o vindeiro sábado 20 de xuño coa visita á Cibdá de Armea e se prolongarán ata o mes de decembro.
A programación está deseñada e executada por Xeitura S. Coop, e inclúe rutas, visitas e obradoiros para afondar no seu legado cultural. As actividades contan con prazas limitadas para “garantir a calidade da experiencia e favorecer unha relación máis próxima co patrimonio”. Se ben a primeira visita será a Armea, un dos xacementos arqueolóxicos máis relevantes de Galicia, ao longo dos seguintes meses descubrirán os muiños e curtidorías (18 de xullo), o centro e corte románica da vila (8 de agosto), así como os segredos do Castelo de Allariz (21 de novembro). Pola súa banda, os obradoiros familiares de arqueoloxía serán o 17 de outubro e o 19 de decembro.
Todas as actividades requiren de inscrición previa, que se pode realizar a través de Xeitura e partirán da Oficina Municipal de Turismo alaricana.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro
PRODUTOS APÍCOLAS
Allariz adozou o padal coa mel dos montes de Galicia
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: sábado, 19 de septiembre
INVESTIGACIÓN
Un 48% de españoles ya cuidó de un enfermo con alzheimer
ARRANQUE DEL AÑO JUDICIAL
Los jueces gallegos exigen un “respeto real” hacia su labor