O San Bieito sae á rúa con música e artes escénicas

NOVENA DO 2 AO 12 DE XULLO

A veciñanza de Allariz disporá de actos en diferentes puntos da vila

Alberto Conde e Cristina Cid co cartel das festas diante da Igrexa de San Bieito.
Alberto Conde e Cristina Cid co cartel das festas diante da Igrexa de San Bieito. | Concello de Allariz

O Concello de Allariz presentou a programación das Festas de San Bieito 2026, deseñada para dinamizar o espazo público e potenciar a vida cultural mediante propostas inclusivas. Os actos terán lugar do 9 ao 12 de xullo.

A axenda festiva comezará o xoves cun recital da Agrupación Coral Arnoia na Igrexa de San Bieito ás 20,15 horas. O venres, a Alameda acollerá a obra teatral “Ñiquiñaque” ás 20,30 horas, mentres que a discomóbil A Gramola estará na Barreira para a sesión nocturna a partir das 23,30 horas.

Será o sábado cando os Xigantes e Cabezudos e a agrupación De Pé Feito desfilarán dende a Casa da Cultura a partir das 11,30 horas. A Alameda converteráse no escenario da Banda Unión Musical de Allariz e a Barreira acollerá os concertos de Acirema e Gin Toni’s .

O domingo, un pasarrúas ás 10,00 horas dará paso á Procesión do Patrón da Vila, que dará comezo ás 11,00 horas cos colectivos musicais e de danza. Logo actuará o Grupo Castro Floxo na Praza do Matadoiro e a banda local na Barreira. Os encargados de pechar as festas do San Bieito serán a orquestra Panamá, que tocará a partir das 21,00 horas, antes do espectáculo de pirotecnia no Campo de Vilanova a media noite.

Actos relixiosos

A Novena de San Bieito ofíciase do 2 ao 12 de xullo en dúas quendas, ás 8,30 e ás 19,30 horas. O sábado 11 haberá misas desde as 8,00 ata as 19,30 horas, programando a principal ás 12,00 horas. O domingo 12, as liturxias comezan ás 9,00 horas, seguidas da procesión e da misa solemne de peche ás 12,30 horas.

Contenido patrocinado

stats