MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
MÁIS DE 128.000 EUROS
O Concello de Allariz acomete desde este martes a mellora do firme na rúa Baixada do Fuxón e na zona do camiño do Arnado (ata o cruce coa ponte de Vilanova). Trátase de dous tramos nunha área de actuación completa duns 8.000 metros cadrados, cun investimento superior aos 128.000 euros cofinanciados grazas a un plan da Deputación de Ourense.
As actuacións comezaron xa coas tarefas previas, nas que se procedeu a realizar os pertinentes rebaixes, cortes no pavimento, adaptación das arquetas e revisión de sumidoiros para arranxar problemas de encoro de augas na zona. “Neste espazo, moi degradado en canto ao seu asfaltado e onde tiñamos que andar parcheando, estase estendendo agora unha capa de aglomerado en quente de seis centímetros de grosor”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Allariz, Bernardo Varela.
Aproveitando estes traballos e a anchura da vía, a actuación permitirá “unha mellora significativa” do estacionamento. “Imos incrementar o número de prazas con aparcadoiros en batería e habilitar unha zona pintada para autobuses”, destaca o edil.
Varela precisa tamén que a reforma podería estar rematada por completo antes da vindeira semana: “Previsiblemente antes do luns, momento no que a veciñanza recuperará a normalidade tras unha execución organizada por tramos para interferir o menos posible”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁIS DE 128.000 EUROS
Os viais de Fuxón e O Arnado en Allariz estrearán firme
FIN DE LA PROMOCIÓN
“Merca no teu comercio” cerró campaña en Allariz
Lo último