Vicente Risco dá cita para celebrar o ano Castelao
Galeguismo
“Galiza como proxecto vital” é o novo proxecto da fundación Vicente Risco
A Fundación Vicente Risco (FVR) preparou dúas datas especiais no mes de outubro e outra en decembro para novas actividades dentro do programa de actividades para celebrar o “ano Castelao”.
A primeira data será o vindeiro venres, 3 de outubro, e consistirá na visualización de dous filmes: “O pai de Migueliño”, de Miguel Castelao e “Antes de Nós”, de Ángeles Huerta, acabada de estrear este ano. A Casa da Cultura alaricana acollerá a sesión de cine que atende á figura do senlleiro autor de Rianxo, e que comezara ás 20,30 horas. Ó remate, os asistentes poderán gozar dun diálogo cos directores, moderado por Xosé Barato.
O seguinte sábado, 11 de outubro, inaugurarase na sede da Fundación Vicente Risco, na vila alaricana, a exposición “Vicente Risco e Daniel Castelao: Galiza como proxecto vital”, que contará con obras orixinais dos autores que acolle a Fundación e que pasará a ser parte das coleccións permanentes da Fundación, segundo explica Elvira Carregado, presidenta da FVR.
A derradeira cita deste ciclo será xa no mes de decembro, o día 13 ás 10,30 horas, na sede da fundación, que convidará a unhas xornadas sobre a exposición, dando peche ó programa logo de dous meses da súa inauguración.
O programa conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e o Concello de Allariz.
Ano Castelao
Neste ano 2025 cúmprese o 75 aniversario do falecemento de Daniel Castelao, un ano que estivo ateigado de celebracións na súa honra por toda Galicia, da man de asociacións e institucións, para conmemorar a un dos máis senlleiros autores da literatura galega.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRIMERA EDICIÓN
Contempo llega a Allariz para unir arte y música en el rural
FIESTAS PATRONALES
Multitudinaria devoción para despedir el San Bieito en Allariz
PRODUCTO DE CALIDAD
Del monte al plato: Allariz marida prevención de incendios y tradición
Lo último
Társila Nóvoa González
TU FARMACÉUTICA INFORMA
Cómo proteger la vista ante el eclipse solar
Miguel Anxo Bastos
MI PLAN PERFECTO
Um dia feliz de verão