Desvelado o XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
RECOÑECEMENTO CULTURAL
O xurado da Fundación Vicente Risco en Allariz decidiu outorgar por unanimidade o premio de Ciencias Sociais a Xosé Ramón Freixeiro Mato
A sede da Fundación Vicente Risco en Allariz celebreou albergou a reunión do xurado do XXIX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, que decidiu outorgar por unanimidade o premio a “Separados por uma língua comum. Lusofilia e galeguidade na correspondência entre intelectuais da Galiza e do Norte de Portugal no século XX”, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.
O xurado valorou deste traballo a “perspectiva interdisciplinar na que se sustenta a análise da correspondencia entre intelectuais galegos e portugueses ao longo do século XX”. Valorou asimesmo a “abordaxe feita dende a glotopolítica á sociolingüistica, pasando pola análise das diferenzas interlingüística entre a lingua galega e portuguesa, a perspectiva poscolonial, ata as posibles solucións á cuestión lingüística en Galicia, o conflito simbólico e as disputas ideolóxicas”. Os membros do xurado tamén salientaron que se trata dun traballo rigoroso, ben estruturado e cun bo dominio das fontes, así como polo seu interese e actualidade.
Mencións especiais
O xurado fixo dúas mencións especiais a dous traballos etnográficos, un sobre etnomedicina, presentado baixo o lema de “Levantar a paletilla caída. Medicina integrada na tradición galega”, de Lidia Mariño Ventoso; e o de “Historias de muíños e muiñeiros/as no cerne de Galicia”, de María Montserrat Varela Vázquez.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SIN RECUPERAR LA NORMALIDAD
El Gobierna cifra en más de 2.000 los irregulares que siguen en Ceuta tras entrada masiva de migrantes