A vila de Allariz abandera a pluralidade literaria
festival literario
A cuarta edición do Festival Literario FLAZ celebrarase os días 4 e 5 de xullo
O Festival Literario de Allariz regresará a vila do Arnoia os días 4 e 5 de xullo. Un evento que alcanza a súa cuarta edición e que este ano estará adicado a resaltar a pluralidade das literaturas do Estado e o papel da tradución na expansión das letras.
Cristina Sánchez-Andrade, Suso de Toro, Miquel Martín i Serra, Isaac Xubín, María Alonso Seisdedos e Garazi Albizua serán os convidados a esta edición que se desenvolverá na sala de exposición de A Fábrica. “O Estado español ten literaturas diversas. Créase en galego, éuscaro, catalán e castelán. Para que cada literatura medre é imprescindible a tradución. Destes e doutros temas falarase neste FLAZ”, resumían os organizadores tras a presentación do cartel celebrado no salón de plenos, nun acto no que participou César Lorenzo, director de Aira Editorial, a alcaldesa Cristina Cid e María López, concelleira de Promoción Económica.
O FLAZ, nacido no ano 2022, é un proxecto de promoción e fomento da lectura que reúne durante dúas xornadas figuras da literatura en todas as linguas do Estado, da man da librería Aira das Letras e do Concello de Allariz, contando coa colaboración da Deputación provincial de Ourense, da librería Maruxairas, a editorial Aira, a empresa de servizos turísticos Xeitura, a pastelaría Fina Rei e os establecementos de hostalería Fío de Liño e Alarico.
“Literatura e loita de clases”, un diálogo entre Garazi Albizua e Miquel Martín i Serra, será o primeiro encontro deste cuarto FLAZ, na tarde do venres. O sábado, ás 12,30 horas, será o turno para “A tradución literaria como resistencia fronte ao automatismo”, diálogo entre María Alonso Seisdedos e Isaac Xubín. Xa pola tarde terá lugar o encontro entre Cristina Sánchez-Andrade e Suso de Toro baixo o título: “O estilo literario na idade de ouro da trama”. “Pontes e canles: Escrita, tradución e mercado literario” é o título da mesa redonda coa que rematará o FLAZ 2025 (19,30 horas), coa participación dos seis convidados.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
OFICIOS TRADICIONAIS
A Alameda de Allariz, ateigada de tecedoras
CULTURA E NATUREZA
O patrimonio de Allariz, a descubrir en sete actividades
TERROR SOCIAL
Sae á luz “Home”, a novela inédita do autor Antón Risco
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
NUEVO FICHAJE
Xabi Oroz, un base de garantías para el COB
CORREDOR LOCAL MÁS RÁPIDO
Fermín Sousa recoge el premio José Luis Outeiriño del 59º Rally de Ourense