El mundo de la política y cultura se despide de Antón Pulido:"Falar hoxe de ti, Antón, é falar de luz, de xenerosidade e dunha paixón inevitable pola vida e pola cultura da nosa terra"
OBITUARIOS
Representantes políticos y culturales se despidieron ayer de Antón Pulido destacando la trayectoria del pintor ourensano y agradeciendo el legado inmenso que deja a la sociedad gallega por sus obras repartidas por todo el territorio
“La ciudad quiso y sigue queriendo a Antón Pulido, que va a permanecer aquí, en Vigo, en nuestra memoria. Esta ciudad te quiere y te recuerda”. Así, el alcalde Abel Caballero reaccionó ante el fallecimiento del artista. Por su parte, el presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, escribió en X: “Nos deja una figura destaco de nuestras artes, una persona involucrada y comprometida. Galicia no olvida el legado”.
Tamén se pronunciaron otros políticos como Rafa Domínguez, vicepresidente de la Diputación de Pontevedra: “Unha figura imprescindible. Grazas Pulido, por tanto que nos deixaches”; el conselleiro José López Campos que aseguró “foi unha honra compartir momentos cun gran artista e coñecer a nivel persoal esa implicación coa cultura”; Gonzalo Caballero apuntó que “Galicia despide con bágoas a un galego universal” y David Regades, delegado de Zona Franca, escribió un escueto “Adeus mestre!”.
También el mundo de la cultura compartió en redes su pesar. Martelo Quintana, presidente de la Academia Galega de Belas Artes, recalcó la gran pérdida que supone para el arte, al igual que la actriz Diana Nogueira.
El escritor Ramón Nicolás escribió en su blog “Tíñalle moita lei a Antón Pulido, ademais dun enorme respeto e admiración com artista. (…). Foi unha sorte telo coñecido”. El pintor Antón Sobral destacó los muchos años que trabajaron juntos e recordó su despedida hace unos días en el hospital: “O meu amigo e irmán marchou hoxe. Foi un home desprendido e bondadoso. Deixounos á Praza das Apertas”.
Parte da familia ruadista
Na Coral De Ruada acabamos de recibir a triste nova do falecemento en Vigo, onde residía, do pintor e gravador ourensán Antón Pulido Novoa.
Antón Pulido foi un deses artistas ourensáns que colaborou coa Coral De Ruada, polo que para a familia ruadista trátase dunha irreparable perda.
Pulido colaborou con De Ruada, de xeito totalmente desinteresado, con motivo do noso Centenario, confeccionando unha serie de fermosísimas serigrafías que foron distribuídas entre os ruadistas para lembrar tan importante celebración, xesto que De Ruada agradeceu profundamente.
Dende a Coral De Ruada queremos facerlle chegar o noso máis sentido pésame por tan sensible perda aos seus familiares e amigos.
Descanse en paz na compaña dos artistas que colaboraron dalgún xeito con De Ruada ao longo da súa historia, como Xulio Prieto Nespereira, Xosé Luís de Dios, Xaime Quesada, Virxilio, Arturo Baltar... e da xa numerosa familia ruadista do Alén.
Emilio Rodríguez Portabales
Connosco toda a vida
Querido Antón:
Aínda non son quen de asimilar a túa repentina marcha. O baleiro que deixas é tremendamente doloroso e difícil de asumir.
Con todo, a túa ausencia non significa un adeus derradeiro nin unha despedida definitiva de tantos recordos e vivencias compartidas.
Aquí quedamos os amigos, a túa familia e tantas xeracións de alumnos que se formaron baixo a túa pedagoxía e sabia didáctica.
Ti que fuches mestre singular, de tan grande humanidade e trato tan exquisito, seguirás conosco toda a vida porque ninguén morre mentres alguén o recorde e permaneza intacta a súa memoria entre os seus seres queridos.
Como falamos moitas veces, a morte non é a extinción da persoa, senón a súa metamorfose máis profunda, o momento exacto no que a presenza física se recolle para dar paso á eternidade. Dicir adeus a quen amamos non significa cortar o fío da comunicación, senón levala a un plano máis íntimo e espiritual. A ausencia convértese nunha forma máis pura de presenza; o baleiro encórese co peso do legado, cos trazos da arte e coa luz duns valores que xa non pertecen ao tempo, senón a quen hoxe choran e lembran. A Nordesía quédase sen esa voz capaz de achegar posturas nos debates e de abrir controversias da Intelixencia Artificial en mocións filosóficas e cientificas.
Morrer para quen deixa unha pegada tan fonda como a túa non é desaparecer, é pasar a habitarnos por dentro para sempre, converténdose no eco que resoa no corazón con cada recordo, con cada pincelada ou nota musical.
Falar hoxe de ti, Antón, é falar de luz, de xenerosidade e dunha paixón inevitable pola vida e pola cultura da nosa terra. Para Galicia e para a nosa historia, ti foches un creador fundamental, un pintor que marcou tendencia, un profesor comprometido, un dinámico Director Xeral de Cultura e un editor incansable que rescatou e puxo en valor a obra colosal dos nosos arquitectos, escultores e pintores.
Deíxasnos unha gran lección que ao longo destes anos nos foches explicando, e sobre todo practicando; unha lección que non está nos libros de textos. Soubeches gozar das cousas e vivir unha vida plena: amaches, riches, choraches, cantaches, pintaches...e fixéchelo todo á túa maneira.
Eras ti o gran gardián da nosa memoria compartida, o fío conductor que nos mantiña unidos ao pasado. Portador incansable de todas as últimas novas dos teus compañeiros seminaristas de Ourense, gardabas con agarimo e detalle as historias, as lembranzas e as vivencias daqueles once anos en Ervedelo. Eras a alma que sempre propiciaba os encontros para celebrar e brindar por aqueles tempos de movida e estudo. Por iso, son eles os que se reúnen hoxe aquí para darche o derradeiro adeus e devolverche todo ese afecto que espallaches.
Quedan nos recantos da miña memoria moitas anécdotas, indescritibles vivencias e entrañables lembranzas que con tanta ilusión compartimos e que agora evoco xa con innegable nostalxia. Desde cando coñecín, hai uns dias, a chamada da parca á túa porta, sentín de socato a mofa burlona da estupidez e a chacota da continxencia humana. Estou seguro de que non esperabas esa cita tan cedo e que lle presentaches, cun irónico sorriso, unha derradeira batalla que lle querías gañar aínda que iso implicase a perda de anacos da túa propia vida vivida con plenitude.
Avelino Muleiro
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 12 de septiembre
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 12 de septiembre?