LLAMAS EN OURENSE
Estabilizado el incendio forestal en la parroquia de Bóveda (Amoeiro)
ANO OTERIANO
Máis de 130 persoas procedentes dos oito ateneos que integran a Federación de Ateneos de Galicia participaron este sábado no Pazo de Trasalba na homenaxe a Ramón Otero Pedrayo organizada con motivo do cincuentenario do seu falecemento e do centenario da publicación da súa “Xeografía de Galicia”.
A casa na que viviu unha das figuras máis destacadas da cultura galega do século XX converteuse durante a xornada nun punto de encontro para representantes de entidades culturais chegados de distintos puntos de Galicia co obxectivo de reivindicar o legado do escritor, xeógrafo e político ourensán.
O acto comezou cunha ofrenda floral diante da Casa Grande e continuou con diferentes intervencións literarias e recitais poéticos a cargo de socios dos ateneos participantes, que puxeron voz a textos e reflexións arredor da figura de Otero Pedrayo e da súa contribución á cultura galega. Ao longo do día desenvolvéronse tamén outros actos previstos pola organización, entre eles a proxección do documental sobre Otero Pedrayo realizado por María José Bravo, a actuación da banda de gaitas de Amoeiro, a interpretación de varias pezas do último disco de Manoele de Felisa dedicado ao intelectual ourensán e unha visita guiada polo inmoble que conserva boa parte da memoria do autor.
O presidente do Ateneo de Ourense, Pablo González, destacou a relevancia da conmemoración e puxo o foco na importancia da “Xeografía de Galicia”, unha obra que definiu como “fundamental para comprender o patrimonio galego” e que, segundo sinalou, conserva “un enorme valor histórico” cen anos despois da súa publicación.
Este encontro serviu para reivindicar a vixencia do pensamento de Otero Pedrayo e a pegada que continúa a deixar na cultura e identidade galegas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LLAMAS EN OURENSE
Estabilizado el incendio forestal en la parroquia de Bóveda (Amoeiro)
LAS FIESTAS SIGUEN EN PIE
Kiko Rivera cancela su gira a dos días de actuar en Amoeiro por un grave problema de salud
CAMPAMENTO DE VERANO
Amoeiro abre el plazo para su campamento veraniego
ANO OTERIANO
Trasalba volveu latexar coas verbas de Otero Pedrayo
Lo último