Antela Editorial publica dous novos libros con fins solidarios

Trátase de dúas antoloxías de contos e poemas para cativos, escritas por diferentes autores de renome. 

Antela Editorial, fundada recentemente en Vilar de Barrio e que conta xa cun pequeno catálogo de libros infantís e xuvenís escritos en galego, vén de publicar dúas novas obras, nesta ocasión, con carácter solidario, pois os 2,5 euros de cada libro vendido destinaranse ao proxecto que leva a cabo a asociación sen ánimo de lucro Aulas Abiertas comedores escolares, en Perú. 

Soños de Cajamarca e Sueños de Cajamarca -en castellano- son os novos títulos da editorial limiá. Trátase de dúas antoloxías de contos e poemas para cativos, escritas por diferentes autores de renome dentro da literatura infantil e xuvenil galega, algúns deles, premios nacionais de literatura: An Alfaya, Miguel Alonso Diz, Rebeca Álvarez, Concha Blanco, María Canosa, Paula Carballeira, Ramón Caride, Xavier Estévez, Antonio Fraga, Antonio García Teijeiro, Carlos Labraña, Iria Misa, Pere Tobaruela, Antía Yañez, Ana Alcolea, Joan Manuel Gisbert, Alfredo Gómez Cerdá, Raquel López Cascales, Pilar Mateos, Francisco Narla, Mila Oya, Jordi Sierra i Fabra, MarinellaTerzi e Esther Vázquez. Todos os autores participaron de xeito desinteresado co proxecto cedendo os seus dereitos. 

Os libros atópanse xa dispoñibles en librerías de Galicia e tamén se poden adquirir na propia páxina da editorial de Vilar de Barrio.

Te puede interesar