As bandas de gaitas conseguen atraer a Xinzo de Limia a 5.000 visitantes

Actuación musical.
photo_camera Actuación musical.
O primeiro certame deste instrumento nace coa idea de converterse nun referente musical en vindeiras edicións

O I Concurso de Gaitas e Percusión da Limia celebrouse onte en Xinzo, en vísperas do XIV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, previsto para hoxe. Entre ambos, convocan na vila a centos de músicos e grupos en dous días nos que a vila agarda miles de visitantes e erixirase en capital ibérica da gaita e a música tradicional.

No acto institucional de inauguración, a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, fixo mención expresa a elo: “o pobo de Xinzo, na súa historia recente, non se pode imaxinar sen a historia da súa Banda, mellor dita das súas Bandas de Gaitas, e sen os milleiros de alumnos que levan pasado por ela nestes anos, para convertelas en centros de ensino que van mais alá do musical, transmitindo valores, creando familia e facendo comunidade”. 

Seguidamente tivo lugar una mesa de debate na que se abordou o pasado presente e futuro das bandas de gaitas na península Ibérica e xa pola tarde celebrábase o I Concurso de Gaitas e Percusión da Limia, que comeza co ánimo de darlle continuidade.

Durante a fin de semana, prevese que o Certame Celtibérico de Bandas mobilice a preto de 5.000 persoas. A ocupación hotaleira achégase ao 100% nos hoteis de toda a comarca e máis alá e as reservas xa realizadas garanten tamén un pleno nos restaurantes da contorna. So músicos son 750, formando parte de 26 bandas, ás que hai que sumar os grupos de cantareiras, cuartetos, participantes individuais e, por suposto, familiares e público.

O evento comezará ás 9,45 horas co izado de bandeiras na Praza Carlos Casares e o desenvolvemento da primeira fase do certame que se prolongará ata as 14,00 horas, con desfile das bandas de primeiro grao dende a Praza Maior ata a Praza Carlos Casares. Tamén haberá pregón, o arriado de bandeiras e a interpretación conxunta de todos os participantes do Himno do antigo reino de Galicia.

Te puede interesar