O Concello limiao cumpre cos proveedores e liquida facturas pendentes, salvo o gas
O goberno cuatripartito decidiu iniciar un proceso de negociación coa empresa suministradora tralo que consideran “un notable incremento” dos prezos da enerxía.
A Corporación de Xinzo reuniuse este venres nunha sesión plenaria de carácter extraordinario e urxente co obxectivo de realizar o pago, antes de que remate o ano, de facturas pendentes de pequenos proveedores.
A comezos de setembro, Intervención emitiu un reparo suspensivo que obrigou a paralizar o procedemento para dito pago por falta de liquidez. Agora si será posible realizalo grazas á incorporación ao orzamento actual de 210.537 euros procedentes de aportacións do Estado. Desta cantidade, 45.154 euros destinaranse a abonar o custe das facturas afectadas.
Así, logo do voto favorable de todos os grupos, farase fronte ao pago, aínda que quedará pendente o gas xa que o goberno cuatripartito decidiu iniciar un proceso de negociación coa empresa suministradora tralo que consideran “un notable incremento” dos prezos da enerxía.
O resto da aportación destinarase outros gastos, a diferentes actividades culturais e a reforzar a programación de Nadal, tal e como informaron no Consistorio. A alcaldesa, Elvira Lama, destacou a importancia deste trámite: “Son facturas de pequenos provedores locais cos que este grupo de goberno intenta cumprir o antes posible”, manifestou.
Coa abstención da concelleira non adscrita, Montserrat Lama, e o voto en contra do Partido Popular, saíu adiante a ratificación da segunda modificación do convenio entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xinzo de Limia para o financiamento e execución do proxecto de demolición da presa de Gudín no río Faramontaos. A demolición, de obrigado cumprimento, está a sufrir retrasos na tramitación, polo que se amplía un ano máis o prazo para realizala.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia