O estreo de Expofamilia superou as expectativas
EVENTO
A primeira edición contou coa participación do pediatra Carlos González
Expofamilia conclúe con gran éxito tras unha fin de semana dedicada á saúde e benestar familiar en Xinzo. O evento, organizado por Fusión Fitness, La Tribu–Xinzo e o Concello de Xinzo, superou todas as expectativas, atraendo a público tanto da comarca como de tódalas provincias galegas. A afluencia foi tan elevada que moitos dos obradoiros programados tiveron que ser duplicados para atender a demanda, o que reafirma o interese xeral polos contidos e actividades ofrecidas.
Nun ambiente cálido e familiar, as familias gozaron de talleres, actividades e charlas que abordaron desde a crianza respectuosa ata os hábitos saudables. A participación do pediatra Carlos González, recoñecido por ser un referente en temas de crianza, foi un dos momentos máis esperados da feira, enchendo a carpa coas súas ponencias sobre “Necesidades afectivas” e “Autoridade e límites”. A súa presenza foi un gran atractivo e congregou a familias de toda Galicia.
Expofamilia tamén destacou polo seu impacto social. Grazas ás iniciativas promovidas durante o evento, logrouse a creación dunha nova familia de acollida e outras dúas están en proceso. Ademais, numerosas asociacións presentes no evento conseguiron un notable incremento de socios, que deixa aberta a porta a un futuro prometedor, consolidándose o evento.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NUEVO VEHÍCULO
Vilar de Santos y Allariz mejoran la gestión de basura
Competencias discutidas
Los regantes de A Limia reclaman la puesta a punto de los canales
Lo último
PREVENCIÓN Y DIAGNÓSTICO
“New Heart”, un proyecto de Galicia y Portugal que mejora el estado del corazón
DERECHOS SOCIALES
❌ ✅ Encuesta | ¿Qué te parece la posible derogación de la Ley Trans?
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy lunes, 9 de noviembre