O GDR 10 Limia Arnoia impulsa o turismo ornitolóxico

Curso de Alfonso Polvorinos
photo_camera Curso de Alfonso Polvorinos
O GDR 10 Limia Arnoia traballa no deselvolvemento do ecoturismo e o turismo ornitolóxico no Xeodestino A Limia

O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela fíxose presente na introducción ao curso sobre “Ecoturismo e turismo ornitolóxico na Limia”. Dito curso de introducción celebrouse no Concello de Baltar e foi impartido por Alfonso Polvorinos e terá continuación en próximas fechas no Concello de Sandiás.

O GDR 10 Limia Arnoia traballa no desenvolvemento do ecoturismo e o turismo ornitolóxico no ámbito do Xeodestino A Limia, formado polos concellos de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairíz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia.

Este territorio conta con áreas de gran interese para a observación das aves, como é o caso das Areeiras de Sandiás, a Veiga de Ponte Liñares ou a Serra de Larouco, que teñen un amplo potencial para acoller iniciativas e experiencias turísticas de ecoturismo e, especialmente, de turismo ornitolóxico.

Conscientes desta oportunidade, o GDR 10 Limia Arnoia, xestor do Xeodestino A Limia, dará un curso intensivo de dous días para crear produtos de Turismo Ornitolóxico no Centro de Interpretación de Antela (Sandiás), os días 11 e 12 de decembro.

Te puede interesar