50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
A Asociación de Amigos do Couto Mixto homenaxeará esta fin de semana, cun acto especial, o labor “xeneroso” e solidario que, nos anos 40, tiveron os veciños da parroquia de San Xoán de Randín.
Os feitos remóntanse ao pasado 22 de febreiro de 1944 cando, tal e como recordan dende a Asociación de Amigos do Couto Mixto, estrelouse un avión na montaña, concretamente, xunto ao marco da fronteira hispano lusa. Os veciños de San Xoán recibirán unha calurosa homenaxe co obxectivo de poñer en valor “a súa xenerosa colaboración”, pois, grazas a ela -recordan dende a asociación- “puidéronse trasladar os corpos sen vida dos tripulantes ao cemiterio municipal”.
O acto especial terá lugar este mesmo sábado, día 7 de agosto, na Igrexa de San Xoán de Randín, e comezará a partir das 12,30 horas do mediodía.
A fadista María do Ceo, que xa participou como cantante noutros eventos organizados pola Asociación de Amigos do Couto Mixto e foi nomeada no 2010 xueza honorífica -ademáis de adaptar o seu himno-, actuará nesta sentida homenaxe.
Dende a agrupación agradecen a presenza do público a este evento, aínda que piden que entre os asistentes se teñan en conta as medidas necesarias para a protección fronte á covid-19.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
"FOGAR DAS NOSAS CEGOÑAS"
La “Casa dos Mestres” de Trasmiras acoge una exposición sobre cigüeñas
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior