A Limia ten novo servizo de orientación laboral

Un traballador do CDR O Viso atende a unha usuaria.
O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso inicia o proxecto, Ruralempréga-T, para acompañar a incorporación social e laboral da cidadanía en xeral e con especial atención a persoas en situación de exclusión social e aqueles que buscan emprego.
Este servizo de orientación sociolaboral que ten as súas oficinas en Xinzo de Limia, conta con dúas liñas de traballo principais, unha que consiste na realización de entrevistas personalizadas e individualizadas nas que se leva a cabo unha valoración sociolaboral da persoa para posteriormente ir marcando de forma conxunta co traballador social os obxectivos que se desexan acadar, e unha segunda que consiste na oferta de actividades de grupo nas que practicar as habilidades adquiridas nas entrevistas individuais e poder compartir a busca de emprego.

Con este tipo de proxectos preténdese contribuír á mellora da calidade de vida das persoas e grupos participantes, facilitando un espazo de mellora social.

Te puede interesar