QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
ESCULTOR
A Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia, en Vilar de Santos, a proposta do seu Consello Asesor, acordou este pasado sábado conceder o VII Premio Pedra Alta ao historiador limiao Edelmiro “Miro” Martínez Cerredelo.
Miro Martínez (Xinzo de Limia, 1946), designado Fillo Predilecto do seu concello natal no ano 2022, foi a figura escollida na xuntanza do Padroado, á que acudiron máis de 20 membros, en base ao “intenso e fecundo traballo de investigación e difusión centrado na memoria máis próxima das terras da Limia, un campo case ermo antes del”.
A entrega do galardón, unha réplica en granito da Pedra Alta, obra do escultor limiao Xosé Lois Carreira, acompañada dun diploma acreditativo, farase nun acto público solemne que se celebrará no propio Museo da Limia o vindeiro 9 de novembro. O acompañamento musical do acto correrá a cargo do pianista Luis Humberto Cao e do tenor Baldomero Pavón. A xornada festiva concluirá cun xantar aberto a tódolos asistentes, con menú composto por cocido limiao.
A Asociación Padroado do Museo da Limia instaurou o Premio Pedra Alta para distinguir a persoas ou entidades cuxa obra ou labor é capaz de proxectar unha pegada merecente de consideración, ben dentro nas Terras do Limia, ou fóra delas, sempre que naceran neste territorio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
SEGURIDAD EN EL CAMPO
Refuerzo de vigilancia por robos en el regadío en A Limia
Control de poboación
A Limia, “zona cero” para o censo das aves galegas
Lo último
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%
TURISMO EXTRANJERO AL ALZA
Gráfico | España atrajo hasta junio a casi 46,6 millones de turistas