Mellórase o vial que une Couso con Cerredelo, en Sandiás
O proxecto contou cun orzamento de 30.081,21 euros por parte de Medio Rural
O Concello de Sandiás continúa derivando fondos institucionais para a mellora das infraestruturas rurais deste entorno co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas. Nesta ocasión foi a quenda dos núcleos de Couso de Limia e de Cerredelo, así como do vial que comunica ambas aldeas.
Froito dun convenio de colaboración asinado entre o Consistorio sandianés e a Consellería de Medio Rural, foi posible achegar unha partida de 30.081,21 euros para renovar a estrada que une ambos termos e que foi rematada recentemente pola empresa Construcciones y Exacavaciones Cruz Val S. L. que resultou ser a adxudicataria deste proxecto de mellora. O departamento autonómico foi o encargado de financiar íntegramente a contía da obra.
Tal e como explicaron dende o Concello de Sandiás, o obxectivo desta actuación foi, principalmente, levar a cabo a limpeza de cunetas e acometer o alfaltado da estrada para lograr unha mellor calidade do servizo para poboación, así como para satisfacer a demanda existente neste senso.
OUTRAS MELLORAS
Segundo engadiron dende o Concello de Sandiás, nestes momentos a Administración local está inmersa en varias obras de mellora en materia de abastecemento e saneamento coa finalidade de renovar as redes existentes e que se atopan actualmente moi deterioradas polo paso do tempo.
Por último, tamén se están a realizar varios arranxos de pistas e camiños e se están levando a cabo distintas obras en rúas e estradas de diversas aldeas que integran este concello pertencente á Comarca da Limia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
50 JÓVENES EN LA CONVOCATORIA
PP de Ourense constituye la primera agrupación de Novas Xeracións en la comarca de A Limia
Lo último
La Región
¿Cuándo llega el Día de las Oportunidades?
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este domingo, 22 de marzo
CONTINÚAN LOS ATAQUES
Irán ataca Dimona, ubicación de las principales instalaciones nucleares israelíes
AUMENTO DEL 8,1%
Un año con 7 heridos graves en 40 siniestros con patinete en Galicia