Michi Gallego, limiao co compás cara a labor social
VERANO
Michi Gallego, veciño de Xinzo, viaxa á India durante vinte días coa labor social de reunir material escolar doado por amigos, familiares ou negocios
Michi Gallego, veciño de Xinzo, ten unha gran afección por viaxar e descubrir novos lugares e culturas. Este ano, como calquera outro verán, Michi está a realizar unha viaxe de 20 días pola India cun labor social, que consiste na reunión de material escolar doado por amigos, familiares ou negocios que quixeron facer a súa achega voluntaria.
PERFIL
Nome: Michi Gallego.
Formación académica: Enxeñeiro agrónomo pola Universidade Vigo.
Cargo: Técnico de operacións dunha empresa de servizos de auga.
LAS FRASES
“As condicións laborais aquí son moi pobres”
“Teñen gran variedade de alimentos, pero en Xinzo son mais sostibles e abundantes”
“Veño dunha poboación que eles consideran moi pequena, de 2.000 habitantes”
Cal é o maior contraste que atopa na India?
Onde máis marca a diferenza é o nivel económico que poida ter o país. Tamén a nivel laboral, hai traballos na India mal pagados, pouco cotizados e remunerados. As condicións laborais son moi pobres, inhumanas, de traballar 365 días ao ano sen vacacións. Os soldos son de 300-400 ao mes.
Notará moita diferenza na comida…
A India ten gran riqueza en variedade de alimentos, pero na nosa zona de Xinzo son mais sostibles e máis abundantes. Na India hai arroz á mostaza como alimento máis típico e na Limia temos máis trigo, pataca, millo….
Como é o día a día nun país tan masificado e poboado como o hindú?
A India é un territorio que está masificado. Nos últimos rexistros que houbo, rondaba os 1.500 millóns de habitantes. En Xinzo, a densidade por metro cadrado é moi inferior, iso permíteche unha relaxación do día a día, unha tranquilidade que este país non cho permite. Veño dunha poboación que eles consideran que é pequena, dos máis pequenos da India, e ten 2.000 habitantes. Eu dicíalles a xente de aquí que na miña aldea de Perrelos somos 30 e non o entendían, dicían que como podiamos ser 30 habitantes. Eu dicíalles que estaba bastante máis tranquilo na miña aldea con 30 habitantes que aquí con 2.000 habitantes.
Hai moita diferenza nos servizos e na calidade de vida?
Sí, son moi diferentes. En España estamos a anos luz nese aspecto. Aquí estás en calquera hotel ou calquera vivenda e tes cortes continuos de luz. A India ten outra xestión, onde non priorizan este tipo de condicións que temos nós na comarca da Limia. Que son servizos básicos, cunhas pautas a seguir para que todo o mundo dispoña da súa auga potable.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este domingo, 21 de diciembre, en Ourense
EN CONFIANZA
Carlota Cao, doble premio por su joyería artística
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman