Unha obra teatral para bebés no Punto de Atención de Sandiás
CULTURA
Os destinatarios da obra teatral "Babá bebé" foron nenos e nenas de 0-3 anos.
A historia do osiño Babá bebé encheou a pequena escola do Punto de Atención Infantil de Sandiás de cores, de aromas e de música. Todo feito con moito detalle e amabilidade, moi ben estruturada a obra teatral, o que fixo en todo momento partícipes aos pequenos e que saltaran unha e outra vez ao escenario a participar do propio relato. E os bebés coas miradas atentas a todo o que acontencía: a bola que cambiaba de cor, os diferentes sons… e querían tocar todo o que se lles ofrecía, a sorpresa das pompas de xabón e as familias cantando e aplaudindo a canción de “ Baba Bebé Bebé, Babá...”.
Os destinatarios foron nenos e nenas de 0-3 anos. Tratouse dunha obra de pequeno formato moi estimulante na que bebés e familias se mergullan nun espazo acolledor, seguro e propicio para desfrutar do paso das estacións, que se inicia nunha primavera na que podemos observar e sentir o reino vexetal que comeza a medrar e un osiño que esperta, para despois pasar polo verán coa súa calidez e un mar que nos abraza, o ocre do outono e finalmente o frío inverno, onde o osiño se bota a durmir, descansando.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TECNOLOGÍA EN EL RURAL
Los drones se alían con el agro ourensano para asumir tareas complejas
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que Mikel Merino llega hasta Ourense?
DIVULGACIÓN INDUSTRIAL
La geología de A Limia, al descubierto en una ruta
Lo último