Programa da 46 Romaxe de Lodoselo: xantar e música
DE 11:00 A 20:00 HORAS
Consulta o programa completo da 46 Romaxe de Lodoselo
Este sábado 14 de setembro, a Asociación Irimia organiza a XLVI Romaxe de crentes galegas e galegos, no campo da Lama de Lodoselo. O programa comeza ás 11:00 horas cunha acollida e petiscos. Ao mediodía, ás 12:00 horas, a celebración acompañada pola música de A Quella. Ten lugar posteriormente un xantar compartido, animando a sobremesa cunha foliada e distintas actuacións musicais, ata que ás 18:00 horas sexa a clausura do acto.
A organización recorda que se o tempo non é favorable, os actos serán no pavillón polideportivo. Dende a primeira Romaxe de crentes galegas e galegos, Irimia sempre reivindicou e denunciou as situacións sociais que se dan no país, así como apoiou e puxo en valor as pingas de choiva que en cada lugar coidan da Terra.
Este ano quere facer fincapé nun pensamento coidadoso: “Non decidir nunca polos demais. A comunidade ao servizo da comunidade. Apoiando iniciativas de axuda mutua entre a veciñanza. O coidarme, coidarte, coidarnos como xeito de ser e estar no noso medio”.
A primeira Romaxe naceu a carón do Pedregal de Irimia, e foi percorrendo diferentes lugares de Galicia. Dende entón, a Asociación Irimia camiña participando en varias iniciativas. A Romaxe reúne cada ano a centos de persoas nunha singular romaría itinerante.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Medio Rural dobra os cartos para limpar franxas EN oURENSE
DERBI GALLEGO
Solo faltó que fuese sábado
80 CASOS DE RIESGO
Riesgos emocionales entre los jóvenes de familias vulnerables en Ourense
DOS LESIONES
El regreso más esperado en el Arnoia