Sandiás alíase para loitar contra o despoboamento
VIVIR NO RURAL
Unha iniciativa co CDR O Viso conectará a xente que queira vivir no rural
O Concello de Sandiás vén de asinar un acordo de colaboración xunto co Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso co obxectivo de unir forzas contra o despoboamento, unha das ameazas ás que se enfronta este municipio da comarca da Limia, que no ano 2023 contaba con 1.134 habitantes segundo o INE.
A acción prevista, que conta co financiamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, consistirá en pór en contacto a familias interesadas en emprender proxectos familiares no rural con persoas propietarias de casas ou negocios dispoñibles para alugar ou vender.
Nas vindeiras semanas está previsto que o equipo de facilitación rural do CDR visite as tres parroquias do Concello para informar á veciñanza e resolver calquera dúbida ou inquedanza que puideran ter sobre esta iniciativa. Para o alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, “é unha oportunidade de intentar que haxa máis xente nos pobos, vivindo nas casas que agora están pechadas”.
O Viso leva desenvolvendo accións específicas contra o despoboamento dende o ano 2018. Camilo Vila, responsable destas iniciativas, asegura que “nos últimos anos chegaron 35 familias á comarca, e o reto é ter máis casas onde poder facer vida”.
Participación
Alén de todo isto, a páxina web do Concello incluirá, no seu apartado de Servizos, un acceso nomeado “Despoboamento”, con toda a información necesaria para participar nesta iniciativa, tanto para as familias que viven en zonas urbanas e queren trasladarse ao medio rural, como para persoas propietarias de casas ou negocios que queiran formar parte do proxecto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ADAPTARSE A LAS EMPRESAS
La Xunta trata en San Cibrao la nueva estrategia de formación
RECONOCIMIENTO TRAS RESULTADOS
Cinco blancos gallegos triunfan en concursos internacionales de vino
PARCELA EN QUEIZÁS
La nueva área comercial de Verín comienza a tomar forma