Os socialistas alertan de varias deficiencias nas piscinas de Xinzo

Os socialistas de Xinzo califican de 'deplorable' o estado das piscinas exteriores e responsabilizan ó alcalde da falta de control destas instalacións.
Aseguran que as fontes están sen auga, que hai lixo sen recoller o pé das pistas, unha zona de césped en estado mais que lamentable e amplas zonas sen sombra, apesares que levan 8 anos rematadas 'sen que dende aquela se ocupara o Concello en plantar especies axeitadas para tal fin', sinalan.
Tamén chaman a atención sobre a situación dos vestiarios 'que pode representar un grave problema de salubridade publica', advirten os socialistas.

Te puede interesar