Unha tortilla xigante poderá degustarase na Feira da Pataca

Feira da Pataca
photo_camera Amador Díaz, Ramón Gómez e Manuel Pérez Campos.
Amador Díaz asegurou que Alimagro promocionará “a pataca como o noso cultivo por excelencia”. 

A Feira da Pataca e da Maquinaria Agrícola regresará a Xinzo de Limia esta fin de semana con exposicións, novidades para o campo, maquinaria e un atractivo especial: a degustación dunha tortilla de patacas xigante. 

O tenente de alcalde de Xinzo, Amador Díaz, e os concelleiros de Obras e Economía, Ramón Gómez e Manuel Pérez Campos, presentaron a programación dunha feira que comezará este mesmo venres. Na terceira edición de Alimagro, os tractores instalaranse no Toural, mentres que no pavillón de deportes colocarase unha vintena de expositores.

Amador Díaz asegurou que Alimagro promocionará “a pataca como o noso cultivo por excelencia” e insistiu en que “será un escaparate moi importante no que estarán representadas todas as firmas do mercado de tractores, mentres que no pavillón haberá degustacións todos os días”. Pola súa banda, Pérez Campos engadiu “era inadmisible que neste concello non houbera unha iniciativa destas características. Este é o camiño e temos que seguir promocionando os nosos produtos”.

A programación comezará este xoves día 1 na Casa da Cultura con charlas sobre produtos microbiolóxicos ou zonas vulnerables á contaminación por nitratos. As portas do recinto feiral abriranse o venres ás 10,00 horas, e a inauguración prevese para as 12,00 horas.

Te puede interesar