Trasmiras, primeira parada no rural da nova furgoteca

Trátase dun proxecto piloto que prestará servizo este ano a un total de 10 localidades da provincia

Con preto de 500 libros, a nova furgoteca, unha iniciativa da Consellería de Cultura para levar o servizo de préstamo de libros ao rural; fixo a súa primeira parada na provincia: Trasmiras. Ata alí se achegaron os primeiros usuarios, que puideron formalizar o carné que lles permitirá alugar os exemplares durante un máximo de dous meses -e tamén películas ou videoxogos-, ler a prensa, ou conectarse a Internet. Esta iniciativa piloto que se prolongará, polo menos, durante todo este ano, está pensada para Lugo e Ourense e para un total de 20 núcleos, 10 na provincia ourensá. 

Acompañando a Laura Guerra, responsable da furgoteca, estiveron este mércores Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén e o rexedor de Trasmiras, Emilio Pazos. Nesta primeira parada e tal e como explicou Pazos, decidiuse que o vehículo prestase o seu servizo en horario de tarde -para facilitar o acceso dos máis mozos- diante do Concello. Na próxima visita -a furgoteca visitará Trasmiras dúas veces ao mes- o préstamo de libros achegarase ata as cinco poboacións máis grandes do concello: Viladerrei, Escornabois, Vilaseca, Abavides e, por último, Trasmiras.

 

“Yo estoy acostumbrada a leer muchísimo”

undefined
María Angels cun libro estrenando a fugoteca. (Óscar Pinal)

María Angels Martinench era a primeira usuaria da furgoteca en Trasmiras. Natural de Girona, chegou á localidade ourensá buscando “un sitio tranquilo”. Este mércores celebraba esta iniciativa, pois, amante da lectura, esta catalana tiña que desprazarse ata Xinzo para poder alugar libros. “Estoy acostumbrada a leer muchísimo. Cuando vi que estaba -la furgoteca- bajé corriendo”, di.

A furgoteca fará parada todos os meses -en dos ocasións en cada lugar- tamén en Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, Oímbra, Trasmiras e Vilardevós.

Te puede interesar