Xinzo únese a un reto a prol do medioambiente
Para iso, ao longo dos vindeiros meses, Xinzo de Limia contará cunha programación especial nas súas rúas co obxectivo de dar a coñecer “a importancia e o beneficioso que, para o medioambiente, pode resultar a reciclaxe”.
O concello de Xinzo é un dos once municipios que vén de sumarse á iniciativa “Únete ao reto”, promovida pola Xunta de Galicia e Ecoemebes, a prol do medioambiente. O obxectivo da mesma é fomentar a reciclaxe de envases de plástico, latas e bricks en contedores amarelos.
Búscase, en definitiva, incrementar esta práctica nun dez por cento -tendo en conta os derradeiros datos dos que se dispoñen-. Os concellos que acaden este reto obterán como recompensa 1.500 euros, unha contía que deberán destinar á causa social que elixan.
Esta iniciativa completarase por medio dun labor de concienciación. Para iso, ao longo dos vindeiros meses, Xinzo de Limia contará cunha programación especial nas súas rúas co obxectivo de dar a coñecer “a importancia e o beneficioso que, para o medioambiente, pode resultar a reciclaxe”. Neste senso, instalaranse contedores xigantes e realizaranse actividades promovidas por 16 monitores do proxecto, que estarán un mínimo de catro días en cada un dos municipios participantes.
A iniciativa prolongarase ata o 30 de xuño.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SIEMBRA APURADA
Las patatas limiás sufren la intensidad de las tormentas
PRODUCTO ESTRELLA
¿Cuándo plantar las patatas en A Limia? Así se preparan los agricultores
Lo último
CUATRO COCHES IMPLICADOS
Cinco heridos y un coche a la fuga después de causar el accidente urbano en Santiago de Compostela
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted sabemos de las fiestas solo por el tráfico?