Aberto o prazo para a Semana Santa ao vivo de Allariz

A Semana Santa ao vivo é unha proposta cultural que da cabida a artistas e músicos nas rúas do casco vello alaricano e que forma parte do plan de dinamización económica da vila

Unha das actuacións do 2022.
Unha das actuacións do 2022.

O Concello de Allariz prepara xa a vindeira edición da Semana Santa ao vivo, unha proposta cultural que da cabida a artistas e músicos nas rúas do casco vello alaricano e que forma parte do plan de dinamización económica da vila.

Entre os días 6 e o 9 de abril esta iniciativa, impulsada polo departamento de Promoción económica, amenizará os paseos dos visitantes que se acheguen a disfrutar a Allariz dos días festivos.

O prazo para poder inscribirse nesta actividade estará vixente ata o día 3 de marzo, ás 14,30 horas. Para participar será preciso enviar o formulario específico e debidamente cumprimentado que se pode atopar na páxina web oficial do Concello de Allariz. A selección final dos candidatos será comunicada aos propios inscritos, a través dun correo electrónico, o día 10 de marzo.

Este proxecto cultural abarcará, sobre todo, música, nos seus variados estilos, ademais doutras disciplinas artísticas susceptibles de realizarse na rúa como danza, espectáculos de maxia ou teatro, entre outras.

Para poder obter máis información sobre o proxecto é posible contactar coa Área de Promoción Económica do Concello de Allariz a través da dirección de correo electrónico dinamizacioneconomica@allariz.gal ou contactando co número de teléfono 988 442 210. Na páxina web do Concello de Allariz tamén é posible consultar as bases de participación e selección.

Contenido patrocinado

stats