Aldara Conde: “Hoxe en día hai nenos e nenas que non saben o que é xogar á corda"
Reconectar aos nenos e as nenas co feito de selo, fomentando a súa creatividade e potenciando as súas virtudes nun entorno rural é o obxectivo do Rural Camp da Fundación Ramón Gónzález Ferreiro de Allariz.
O evento desenvolverase, en dúas quendas, do 4 ao 10 de xullo -para nenos de nove a 13 anos- e do 11 ao 17 de xullo -para os que teñan entre 13 e 16 anos-. Este luns abríronse as prazas -ofrécense 20 por quenda ata esgotar as peticións-, que serán reducidas por mor do covid-19.
Sétima edición do Rural Camp, ¿de que xeito estades organizando as actividades para adaptalas á nova realidade?
O verán pasado puidemos facer campaña e executar o campamento a pesar das circunstancias. Temos xa experiencia. Pero o que nos plantexamos sempre é pasar as actividades ao exterior, no interior ter moitísima ventilación en comedor e habitacións e reducir o número de participantes. O equipo tamén se adaptará ás necesidades reais.
Hai 16 actividades e obradoiros previstos -Tiro con arco, Rural chef, Noite de estrelas ou Broadway shows, entre outros-, ¿cales son as novidades este ano?
Sempre temos actividades novas que se ambientan en temáticas diferentes. As ambientacións non as podemos desvelar porque perderíase a maxia para os nenos e nenas, pero Rural Camp caracterízase por xogar coa imaxinación: recreamos espazos máis de conto para os cativos, e de series, como por exemplo fixemos o ano pasado con La Casa de Papel, para os maiores. Por exemplo, nesta ocasión seguramente podan practicar un pouquiño "skate", pero a verdadeira esencia non será que estean facendo "skate", senon que este estará englobado nunha actividade que lle dará forma. Inauguraremos tamén unha sala fitness, pero con exercicios máis individualizados.
Os nenos e nenas adoitan ser de Allariz?
Son de toda Galicia -A Coruña, Ourense, Santiago ou Allariz- pero tamén de fóra, incluso de Polonia. Moitos repiten.
Que se pretende achegar de positivo para todos os rapaces que participen nesta experiencia?
Preténdese revalorizar a imaxe do rural. Parece que as actividades que se poden facer aquí son sempre as mesmas. Tratamos de abrirlles a mente para que valoren a realidade, os espazos abertos ou a convivencia. Tamén que se valoren como persoas, pois traballamos a súa autonomía. Ademais, aquí todos os participantes atopan amigos. É como cando ibas á aldea e tiñas o teu grupo de amigos do verán; de feito, moitos deles non a teñen. Créase algo moi especial con valores como a empatía e o respeto. Tamén queremos ensinarlles que no rural podes ter acceso ás novas tecnoloxías para estar conectado coa modernidade, pero ao mesmo tempo disfrutar da natureza. Dicir, neste senso, que o uso dos móbiles estará restrinxido a uns poucos momentos.
De que se sorprenden os que están máis acostumbrados á vida na cidade?
Algo que lles chama moito a atención é cando saímos á noite e vemos as estrelas. Logo, moitos non teñen contacto cos animais, e ao mellor estamos xogando ao aire libre e aparece un burro... Nós aquí temos unha liberdade que non tes nunha comunidade de veciños.
Que é o máis complicado de organizar o Rural Camp?
O feito de programar algo tan especial e conseguir que sexa un reclamo para as familias, convencelas de que é máis vital que os nenos e nenas aprendan a divertirse, que valoren o xogo... Agora búscanse actividades moi explosivas para os nenos, pero eles non saben xogar e queren xogar. Hai nenos agora que non saben xogar á corda. Esas actividades máis explosivas como o "rafting" xa as farán cando teñan 17 anos. Hai que darlles infancia aos nenos e ás nenas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?
SAN VITORIO DA MEZQUITA
Alertan de un fuego intenso en una casa de Celeiros, Allariz
FLUIDEZ DO TRÁFICO
Allariz delega na Garda Civil de Tráfico dende esta semana
Lo último
Jacinto Seara
Feliz Navidad
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ahora toca formar gobierno