La Región
Asaltamontes
Esta é unha historia curta, xa verán. Non vai de denunciar plagas, conflictos ou desgracias, non señor. Trata de dar visibilidade e recoñecemento a pequenas asociacións e organizacións de carácter cultural e deportivo, que sen ánimo de lucro conseguen sacar adiante eventos como andainas, carreiras de montaña, desbroce de camiños ou señalización de sendeiros.
Son un grupo de persoas que dende o traballo desinteresado supoñen un claro referente onde mirarse para o coidado da natureza e medio ambiente nos tempos que corren.
Chegado agosto na miña vila de nacemento celebrase un destes acontecementos, onde calquera que teña unha vida plena e de “amplia experiencia ” sempre se verá gratamente sorprendido. Enche de satisfacción descubrir novas paisaxes naturais do entorno que de non ser por esta xente comprometida, ninguén conseguiría descubrir por si mesmo. Novos bosques, camiños, covas, ríos, castros... que veñen a demostrar que “sempre” hai un oco para disfrutar da natureza.
As andainas e carreiras son un exemplo de convivencia onde participantes de diferentes idades e procedencia, comparten ilusionados o seu esforzo por completar o percorrido durante moitos kilómetros de ruta, aportando colorido e ledicia o entorno natural que os acolle. Ante a boa organización e ilusión que se respira nestes eventos, estaría ben que o esforzo organizacional e persoal destas agrupacións tivera un maior respaldo a nivel institucional, polo menos dende o ámbito local. “ Invertir en felicidade non sale caro ”.
A modo de conclusión, con permiso e dende a humildade poderíase decir: “ Fáganse asaltamontes, cando queiran ou donde queiran , e disfruten da beleza porque e o único que merece a pena neste mundo”.
José Ramón Gómez García (Xunqueira de Ambía)
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Aquella formidable radio local de un Ourense lejano
balonmano masculino
Primer día de actividad para un Ribeiro que no quiere sufrir tanto
BANDA DE GAITAS
Un novo son para a Banda de Gaitas do Carballiño