O décimo Poemagosto de Allariz mestura arte e cultura
POESÍA
O patio do Museo do Coiro de Allariz será, o 5 de outubro, un espazo de encontro de libre expresión con poesía, música e obradoiro coa décima edición do Poemagosto
O X Festival Internacional de Poesía celebrarase en Allariz o sábado 5 de outubro. O Concello de Allariz, representado polo concelleiro Alberto Conde, e parte da organización do “Poemagosto”, presentaron onte a programación dun evento cultural consolidado que reúne a poetas, músicos e artistas de dentro e fóra de Galicia.
O patio cuberto do Museo do Coiro, ao carón do río Arnoia, acollerá unha xornada chea de arte, creatividade e celebración da palabra con actividades para todos os públicos. A programación arrancará coa lectura aberta e solidaria en apoio ao pobo palestino ás 11:30 horas e ás 12:00 horas, Recital de Poetas con Silvia Penas, Samuel Merino, Verónica Martínez Delgado, Luix Kaf, Rochi Nóvoa e Carlos Da Aira. O concerto do grupo Tesouro rematará os actos da mañá.
Pola tarde, ás 19:00 horas será o turno para “Somos un Pobo de Artistas” con Xurxo Souto, un novo recital de poetas e sesión de electropoesía con Luix Kaf e ás 22:00 horas, o concerto de Coanhadeira e Foliada co grupo Xúa. A programación inclúe, ás 17:00 horas, un obradoiro infantil de manualidades con Lorena Cantarela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Un libro, unha eclipse e 521 anos
PLAYAS CERCA DE OURENSE
Dos refugios naturales de Galicia: el paraíso surfero de Ferrol y la ribera estival de Verín
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este viernes, 14 de agosto