A Diputación impulsará o deporte en Maceda
Levarase a cabo a construción dun parque de habilidades ciclistas ao pe do castelo, vinculado ao Club Ciclista Maceda,e melloraranse as instalacións do campo de fútbol municipal.
O alcalde de Maceda, Rubén Quintas, reuniuse co presidente da Deputación, Manuel Baltar, co obxectivo de analizar diversas melloras para a localidade que goberna, especialmente, en materia deportiva.
Entre outras propostas, ambos representantes institucionais chegaron a un acordo específico para levar a cabo a construción dun parque de habilidades ciclistas ao pe do castelo, vinculado ao Club Ciclista Maceda, e para mellorar as instalacións do campo de fútbol municipal.
O presidente do organismo provincial valorou o encontro como “realmente útil” para fortalecer a liña de traballo entre institucións e reiterou o seu compromiso para os dous proxectos mencionados: “Esta é unha nova mostra da capacidade propositiva de Rubén Quintas e do seu liderado en Maceda, sempre na procura de mellores servizos públicos para os veciños e cun marcado caracter innovador”. O presidente da Deputación incidiu, do mesmo xeito, na aposta do Concello de Maceda polo fomento do deporte de base, “apoiado no éxito de entidades como o Club Ciclista Maceda e cuestións clave como a calidade das infraestruturas públicas que ofrece” e que agora se ve “referendada nesta nova cooperación da Deputación”.
130 BENEFICIARIOS
Deste novo acordo, veranse beneficiados máis de 130 cativos, no caso do circuito ciclista, e 240, no tocante ao campo de fútbol, tal e como subliñou o alcalde de Maceda, Rubén Quintas.
O alcalde de Maceda reivindicou a “estreita colaboración, incondicional coa Deputación de Ourense, que nos permite seguir avanzando no impulso ao deporte”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Un herido al volcar su coche en Requeixo de Valverde
"OURENSE SEPARA Y RECICLA"
Los habitantes de Allariz ingresan más de 60.000 euros por reciclar
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este miércoles, 15 de abril
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 15 de abril
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Marco Polo Pedro