TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
A Fundación Vicente Risco presentou a obra gañadora do XXVII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, nun acto que se celebrou no salón de plenos do Concello de Allariz, outorgado a Enrique Manuel Neira Pereira, xornalista e investigador, pola obra “Do aritmómetro á computación cuántica. Como as máquinas de cálculo, informáticas, robóticas e de comunicación transformaron Galicia nun século e medio”.
A Fundación Vicente Risco contou para este premio coa colaboración dos concellos de Allariz, Castro Caldelas e Melide; a Deputación de Ourense; a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) (Vila Real - Portugal), representada pola Escola de Ciências Humanas e Sociais (ECHS); as universidades da Coruña (UDC), Santiago (USC) e Vigo (UVIGO) e da Caixa Rural Galega.
Trátase dunha historia que aposta pola modernidade e polo futuro dende Galicia. Unha panorámica da contribución das galegas e galegos ao avance das máquinas calculadoras, da programación informática, da robótica, dos satélites e da intelixencia artificial, todo isto complementado con abondosas referencias literarias.
O premio conta cunha dotación económica de 6.000 euros, segundo sinala a fundación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último
Xabier Limia de Gardón
ARTE ET ALIA
Delaiglesia e Nicolás Muller
MAPAS DE RIESGO
Un 15% de los españoles de más de 65 años se siente solo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: lunes, 26 de octubre