TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
A segunda edición de Espazo Mulleres, organizado polo Centro de Información á Muller de Maceda e polo propio Concello co obxectivo de promover a creación de redes de apoio mutuo entre mulleres nun espazo compartido de formación, saúde, autocoidado, autoestima e empoderamento; chegou ao seu fin cun Obradoiro de Elaboración de conservas, xabóns e cosméticos naturais.
A iniciativa desenvolveuse entre os meses de maio e outubro, periodo no que se levaron a cabo diversos obradoiros -con disciplinas e técnicas diversas e cun enfoque eminentemente práctico e vivencial- para as mulleres, dirixidos tamén á mellora da súa empregabilidade ou á expresión da propia creatividade. A Concelleira de Servizos Sociais, Dependencia e Medioambiente, Ana María Rodríguez Blanco -que agradeceu a participación na iniciativa-, destacou “a boa acollida que tivo o programa, no que participaron mulleres doutros concellos”, sinalando que “se programaron as actividades tendo en conta a resposta das mulleres na edición anterior; e tamén se incorporaron outras novas, que tiveron moita aceptación, manténdose o aforo completo en todas elas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
TERAPIA CON BURROS
Los burros también son terapeutas
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Vuelca un minibús escolar tras salirse de la vía en Allariz
Lo último