Festa da Empanada de Allariz: Consulta o programa de actividades
Unha ampla programación de actividades centrará a celebración da exaltación deste produto local
A fin de semana do 19 ao 21 de agosto Allariz acollerá unha nova edición da Festa da Empanada. A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, estivo acompañada polo concelleiros de Cultura, Deportes e de Promoción Económica, Alberto Cid, Helena Suárez e María López para presentar as novidades desta edición de 2022 con actividades pensadas para que toda a poboación local e as persoas que nos visiten gocen de Allariz.
Venres 19 de agosto
A Festa da Empanada arrancará o venres 19 de agosto ca festa infantil no Campo de Vilanova ás 17:00 horas. Ese mesmo recinto acollerá ás 23:00h a proxección de Live is Life. Por outra banda, o Campionato Infantil da Billarda será ás 11:00 horas. Pola tarde ás 19:00 horas será a final do Campionato da Billarda Senior no Campo da Barreira.
Sábado 20 de agosto
A xornada do sábado arranca ás 11:00 horas ca XXXII Regata de Piragüismo, Liga provincial- Copa Deputación dende o embarcadoiro da Alameda. En horario de tarde as actividades darán comezo ás 19:30 horas co concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, de novo no Campo de Vilanova.
Unha das novidades deste ano e a celebración dunha exaltación da empanada coa Xornada Gastronómica que terá lugar nos Xardíns do Museo do Coiro. Estas xornadas contarán ca participación da D.O Monterrei e darán comezo a partir das 21:00h.
Ás 22:00h Tecor Societário dará un concerto e ás 00:00 horas Ruxe Ruxe. Os dous concertos serán no mesmo espazo, os Xardíns do Museo do Coiro.
Domingo 21 de agosto
O domingo 21, a Banda de Música Agrupación Musical do Rosal realizará un pasacalles dende as 11:00 horas.
Os xigantes e cabezudos de Allariz non poden faltar nas celebracións polo que a partir das 12:00 horas realizarán un desfile acompañados polo grupo de gaitas De Pe Feito. O percorrido será dende a Praza de Abastos ata o Campo de Vilanova.
Para rematar a mañá dominical, a Banda de Música Agrupación Musical do Rosal, ofrecerá un concerto no Campo de Vilanova.
Pola tarde e para continuar coa música, o grupo De Vacas estará no Campo de Vilanova a partir das 19:30 horas.
Así mesmo e o finalizar o concerto haberá Baile Popular a partir das 21:00 horas nos Xardíns do Museo do Coiro co Grupo Claxxon. A verbena co mesmo grupo comezará a partir das 00:00 horas.
Poderase atopar empanada durante toda a fin de semana nos locais de hostalería así coma en panaderías e pastelerías.
O domingo haberá Festa Campestre no Campo de Vilanova con churrasco e polbo durante toda a xornada.
Dende o Concello animan a todas as persoas de Allariz, así coma as que nos visitan durante estes días estivais se animen a participar nas actividades que dende a institución municipal se organizan para esta edición da Festa da Empanada de Allariz.
Concurso de elaboración de empanadas en Allariz
Outra das novidades deste ano será o concurso afeccionado e profesional de Empanada que se realizará a partir das 12:30h. Todas aquelas persoas que queiran participar deberán anotarse no correo electrónico participa@allariz.gal. Haberá premios, para a categoría profesional o distintivo de Mellor Empanada de Allariz, e para a categoría afeccionada haberá tres premios, o primeiro clasificado recibirá un vale de 300€ , o segundo e terceiro un vale cada un de 100€. Todos os vales poderanse gastar no comercio e na hostalería local. As bases do concurso estarán colgadas na web allariz.gal/festadaempanada/. A organización do evento designará un xurado para realizar o concurso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
VIAJE INSTITUCIONAL DE CLAVIJO
Canarias prepara más de 30 actos para celebrar los 300 años de la fundación canaria de Montevideo
La Región
ZONA VERDE
La noche en que las hierbas se vuelven mágicas