O Festival RIR proxectará en Allariz máis de 40 curtametraxes

Presentación da edición deste ano do Festival RIR.
photo_camera Presentación da edición deste ano do Festival RIR.
O festival RiR terá lugar do 4 ao 9 de setembro en Allariz 

Por sexto ano consecutivo en Allariz, o humor ocupa un lugar moi importante na celebración do Festival Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia (RIR). Desde o 4 ata o 9 de setembro, Allariz será o escenario dunha das citas máis relevantes co humor no territorio galego.

Zinemusik e Escena Sonora, coa colaboración do Concello de Allariz e a Deputación de Ourense, son os organizadores deste Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia. Curtas de humor de diferentes países e actividades paralelas como espectáculos teatrais e musicais farán que os espectadores poidan gozar ao máximo deste evento tan especial. Este ano recibíronse un total de 268 curtametraxes de comedia, das cales 41 están finalmente na selección oficial.

O certamen incluirá música, espectáculos humorísticos e a homenaxe a Manuel Summer, coincidindo co trinta aniversario do seu falecemento; durante esta homenaxe proxectarase a súa curtametraxe “El viejecito”. 

Este ano o festival amigo convidado será o Festival de Cine de Comedia de Tarazona e o Moncayo, representado por Carlos Gurpegui Vidal, coordinador de comunicación e imaxe do festival. Entre o seu currículo está ser membro da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas nacional e organizador dos Premios Feroz. 

O xurado comporase por tres membros: Elena Seijo, actriz ourensá; Machi Salgado, actor ourensá, e Goize Blanco, actriz vasca. Outra parte do festival é a entrega do premio RIR Contigo, que se outorga para premiar traxectorias dedicadas á comedia. Este ano outórgase ao actor galego Manuel Manquiña.

Te puede interesar