BALANCE DE LA COMARCA
Un año de punto y aparte en Allariz y Maceda
Non parou vostede de estudar!
Agardo rematar xa! (ri).
En que momento deixa o despacho de avogados e decide ordearse sacerdote?
Eu nacín nunha familia cristiana e practicante, pero cando realmente tiven o momento do encontro co Señor foi no ano 2011, cando participei na Xornada Mundial da Xuventude en Madrid. Comecei a participar nas actividades das Delegacións de Xuventude de Galicia e, pouco a pouco, descubrín a vocación á que o Señor me chamaba. Eu tiña a miña vida resolta e os meus estudos, pero cando un sinte a chamada do Señor deixa todo sen problema e comeza de novo.
Como recibiu a súa familia a súa decisión?
Sentinme moi apoiado tanto pola familia como polos amigos.
Os seus estudos de Dereito tamén teñen unha aplicación no seu labor como sacerdote?
Antes era moi normal que os rapaces estudaran no Seminario Menor, e de alí pasaran ao Maior. Hoxe en día iso vai cambiando e son xóvenes universitarios os que acceden ao Seminario rematados os estudos. Dache outra vivencia e outra madurez porque tiveches outras experiencias profesionais. O señor obispo mandoume iniciar Dereito Canónico. É un xeito servir á Igrexa.
Allariz é, despois de estar un ano na Unidade de Atención Parroquial de O Carballiño, o seu segundo destino, como foi a acollida dos fieis?
É certo que eu levo moi pouco tempo como sacerdote e costoume deixar aquelas que foron as miñas primeiras parroquias. Cheguei con nervios porque era un sitio novo. Tiña a sorte de coñecer xa a Adrián, pero sentinme acollido dende o primeiro momento polos fieis.
Que destacaría desta parroquia?
Sen dúbida que a xente participa nas eucaristías, é moi colaborativa e moi cercana. Ademais últimamente levamos tido noticias moi boas como a conversión da Igrexa de San Benito en Santuario diocesano.
Ten algún desafío en Allariz?
Gustaríame impulsar actividades por e para os xóvenes tanto en Allariz como no resto das parroquias que atendemos. Vemos un pouco afastados aos máis novos na vida de fe e nos gustaría chegar a eles para facelos máis partícipes dos actos da parroquia: a través do voluntariado con Cáritas ou mediante a creación de un grupo a nivel da Pastoral con reunións e formación.
A crise da fe obedece a un cambio social ou a igrexa ten que facer autocrítica en algo?
Durante moitos anos na igrexa viviamos agardando a que a xente se acercara a nós. Vivíamos de portas cara adentro. O que nos pide o Papa Francisco é que teñamos unha igrexa en saída: sair e atraer á xente con boas iniciativas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
BALANCE DE LA COMARCA
Un año de punto y aparte en Allariz y Maceda
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que la Navidad ya llegó a Allariz?