José Díaz: “A xente combate a falta de seguridade en si mesma a través do teatro”

undefined
O santiagués José Díaz é o produtor artístico encargado do proxecto 5x5

O santiagués José Díaz é o productor artístico encargado do proxecto 5 x 5.

Como xurdiu a posibilidade de que Allariz formase parte desta iniciativa?

Trátase dunha iniciativa que xurdiu a través de Territorio Cultura, da Xunta de Galicia, e que contou co respaldo dos fondos Next Generation. Había un programa específico para o entorno rural e ocorréusenos montar estas cinco aulas en cinco vilas. Tiñan que ser localidades polas que pasara o Camiño de Santiago. A nós interesábanos tocar o maior número de provincias, e por iso estamos na Coruña, en Pontevedra e en Ourense. 

Todos os actores son de Allariz?

Non todos. Algúns son da comarca e de vilas próximas. 

Todas as historias xiran en torno ao Camiño de Santiago? 

Collimos o tema do Camiño como idea primixenia para os cinco espectáculos. Sen embargo, falamos do Camiño como tal ou dun xeito abstracto: o camiño da vida ou o camiño do tempo. Dende a idiosincrasia de cada unha das vilas foise montando un espectáculo que discorreu por derroteiros moi distintos. 

Sobre que vai “O roce fai rozaduras”?

Das cinco é a máis contemporánea e a que mestura máis tipos de lenguaxe. Hai tamén música en directo. Fala das visicitudes que lle pasan a peregrinos que están por Allariz durante un día e medio. Hai amores, desamores, problemas familiares e todo tipo de circunstancias. Ao final rematan todos no “Mesón da Tareixa”, que é un lugar ficticio en Allariz, e nese bar conflúen todas as historias. 

Como se elaborou o guión?

A dramaturxia é tamén de Iria. Elaborouse a través de textos e de improvisacións e exercicios que fixeron os alumnos. Eu, que tamén me encargo da parte musical, fun compoñendo cancións para cada momento. 

Os actores acudían a teatro antes desta iniciativa?

Non, todo o contrario. De feito, unha das pedras angulares da proposta  era que fose interxeneracional, con xente de todas as condicións. Hai persoas novas e outras máis maiores. A gran maioría é a primeira vez que se sube enriba dun escenario. 

Como foron os ensaios?

Houbo unha mestura de medo e de moita ilusión. Tamén vergoña ao principio. Iria foi montando exercicios para que os actores perderan a vergoña e para que amosaran as súas inquedanzas, así como  as súas capacidades. 

Cal é o obxectivo desta iniciativa?

Máis alá do resultado artístico,  o obxectivo é utilizar o teatro como unha ferramenta terapéutica e social. A xente combate a falta de seguridade en si mesma co teatro e trata de traballar as súas capacidades de comunicación. Tamén a creatividade e memoria, e loita contra o illamento.

Te puede interesar